Celga 4: Proba en liña para a obtención do certificado.

  • Idiomas

16 de octubre de 2026

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G).

A proba terá lugar o 27 de novembro de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

As persoas que desexen inscribirse nesta convocatoria deberán presentar dúas solicitudes: unha, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para os efectos do rexistro oficial de entrada e a correspondente tramitación administrativa, e outra, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, pois esta constitúe o soporte técnico indispensable para a realización da proba en liña. 

O prazo de presentación das solicitudes, tanto a través da sede electrónica como da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Lingua, será de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261015/AnuncioG0766-081026-0001_gl.html

 

 

 

COMPARTIR