Atenea: CSIF solicita á DXX formación suficiente e adecuada sobre o seu manexo.
- CSIF Informa
13 de octubre de 2026
Nos próximos días de outubro e novembro de 2026 está prevista a implantación do sistema de xestión procesual ATENEA nos partidos xudiciais das sete cidades grandes de Galicia: Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela , A Coruña, Vigo e Lugo , o que supón un cambio substancial nos procedementos, ferramentas e organización do traballo do persoal funcionario afectado.
A introdución de novas tecnoloxías pode ter consecuencias para a seguridade e saúde dos traballadores, en particular, polo incremento da carga mental e de traballo, a fatiga visual e postural por uso de pantallas de visualización de datos, a tensión derivada da adaptación a novas aplicacións e a posible desorganización das cargas de traballo durante o período de transición.
Conforme o artigo 33.1 da Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, o empresario (neste caso, a Administración) debe consultar aos traballadores, coa debida antelación, sobre a introdución de novas tecnoloxías no relacionado coas súas consecuencias para a seguridade e a saúde.
O artigo 19 da mesma Lei obriga a garantir que cada traballador reciba unha formación teórica e práctica, suficiente e adecuada, en materia preventiva, cando se produzan cambios nas funcións desempeñadas ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo, debendo impartirse dentro da xornada de traballo ou con desconto do seu tempo.
Polo tanto, dende CSIF solicitamos á Dirección Xeral de Xustiza nun escrito:
1. Que se imparta FORMACIÓN suficiente e adecuada sobre o manexo de Atenea a todos os funcionarios implicados (corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial e demais persoal afectado), dentro da súa xornada laboral e sen diminución das súas funcións ordinarias.
2. Que se informe por escrito do calendario, contido, duración e modalidade da formación prevista, así como do persoal convocado, e que se garanta que ninguén quede sen formar (incluíndo persoal de reforzo, substitutos e quen estea en quendas distintas).
3. Que se facilite ao persoal material de apoio e asistencia técnica presencial (privado de soporte ou "superusuarios") durante os primeiros días de implantación.
4. Que se prevexa un plan de continxencia para a carga de traballo durante o período de adaptación (prazos procesuais, acumulación de tarefas, incidencias técnicas).