Comunicado conxunto SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO.

  • CSIF Informa

9 de octubre de 2026

Os sindicatos SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO levamos meses demandando unha negociación real ante os problemas laborais derivados da implantación da Lei Orgánica 1/2025, de 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público da Xustiza, boa mostra desa boa fe negocial foi a sinatura dos cinco sindicatos que presentan este escrito do acordo para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, en abril de 2025, que supuxo un fito importante para o incremento retributivo dos complementos percibidos polo persoal de xustiza da Comunidade.


Porén, estas melloras non poden ser a calquera prezo. A premura dos prazos na implantación dos Tribunais de Instancia, produciu desequilibrios notables no reparto das cargas de traballo, a amortización de facto de moitas prazas, trala decisión de crear postos de libre designación e xefaturas, e a negativa tozuda e caprichosa para crear áreas e equipos suficientes. A situación de moitas vilas e cidades é insostible, ao bordo do colapso, dos órganos xudiciais e das persoas que nelas traballan.


Malia as constantes advertencias das organizacións sindicais, a Dirección Xeral de Xustiza decidiu emprender unha fuxida cara adiante, cunha política de terra queimada, mantendo unha negociación irreal das RPT, deixando todo o poder de decisión nas mans dos secretarios coordinadores e coartando dereitos laborais básicos como a mobilidade ou o teletraballo.


Estas circunstancias, recoñecidas polo propio Director Xeral de Xustiza, e reflectidas nas actas da mesa sectorial, deron pé a asembleas en todas as cidades
galegas, para recoller que o sentir é xeral: a administración de xustiza está nun momento crítico, e o cambio de modelo máis importante da súa historia está a ser respondido pola Xunta de Galicia con medidas insuficientes, cando non contraproducentes. Boa mostra diso é que a última mesa sectorial foi hai catro meses, catro meses nos que non se adoptou ningún tipo de medida para paliar o desastre da implantación da NUMO no noso país.


Os sindicatos SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO esiximos, como vimos facendo dende hai meses, a convocatoria inmediata de mesa sectorial, co fin de facer a diagnose colectiva oportuna dos problemas derivados da implantación dos Tribunais de Instancia e propor solucións que redunden nun mellor servizo público e na mellora dos dereitos laborais

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR