CSIF reitera á DXX a petición de convocatoria de Mesa Sectorial e esixe o cumplimento normativo en materia de teletraballo.

  • CSIF Informa

22 de abril de 2026

Dende esta Central Sindical e Independente de funcionarios, CSIF, dirixímonos á Dirección Xeral para manifestar a nosa esixencia de convocatoria inmediata da Mesa Sectorial, cuxa solicitude do pasado 23 de marzo segue sen ser atendida a día de hoxe. Esta falta de convocatoria non é só unha falta de cortesía institucional, senón un incumprimento dos prazos que a propia lexislación estatal impón.

Neste sentido e, en relación ao TELETRABALLO, lembramos que a Real Decreto-lei 6/2023, do 19 de decembro, na súa Disposición final sexta, establece un mandato claro: “Tras a entrada en vigor do libro primeiro deste real decreto-lei, no prazo de doce meses, previa negociación colectiva, regularase o teletraballo e o posto de traballo deslocalizado como modalidades de prestación de servizos a distancia no ámbito da Administración de Xustiza. O desenvolvemento regulamentario da devandita modalidade de traballo efectuarase polas administracións competentes en materia de medios privados e materiais.” Así mesmo, subliñamos que desde o pasado 25 de marzo de 2025 xa se conta co “MARCO COMÚN EN MATERIA DE TELETRABALLO” desenvolvido polo Grupo Técnico e asinado entre as Comunidades Autónomas con competencias transferidas e o Ministerio.

Por tanto, non existe escusa técnica nin xurídica para seguir dilatando este proceso. É incomprensible que, mentres o resto dos funcionarios/as da Xunta de Galicia dispoñen de teletraballo desde 2020, esta Dirección Xeral manteña no "limbo" a negociación para o persoal de Xustiza, ignorando tanto os acordos estatais de marzo de 2025 como os prazos perentorios do RDL 6/2023. Este sindicato esixe ademais que por parte da Dirección Xeral de Xustiza se cumpra o compromiso adquirido na pasada mesa sectorial do día 3 de febreiro, onde se nos trasladou que se remitiría borrador do teletraballo e posteriormente convocaríase mesa, incumpríndose tamén o manifestado.

 

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR