DICIREG: capacitación tecnolóxica para oficinas xerais e colaboradoras (abril 2026)

  • Formación

7 de abril de 2026

Publicado na Intranet o seguinte:

"Ábrese o prazo de inscrición das sesións de capacitación tecnolóxica do sistema DICIREG durante o mes de abril, dirixidas ás oficinas xerais e colaboradoras dos rexistros civís.

Cada curso consta de dúas sesións telepresenciais:

  • Sesión 1: Capacitación tecnolóxica (común para oficinas xerais e colaboradoras).
  • Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas (sesión diferenciada para oficinas xerais e colaboradoras).

É necesaria a asistencia de todas as persoas incorporadas recentemente aos rexistros civís. Así mesmo, recoméndase a participación do resto do persoal que precise reforzar coñecementos no sistema DICIREG.Mes de abril: Curso 1

 

Sesión Oficinas Datas Horario
Sesión 1: Capacitación tecnolóxica Oficinas Xerais e Colaboradoras 09/04/2026 De 10:00 a 13:30 h
Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas Oficinas Xerais 10/04/2026 De 10:00 a 12:30 h
Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas Oficinas Colaboradoras 10/04/2026 De 10:00 a 12:30 h

Mes de abril: Curso 2

Sesión Oficinas Datas Horario
Sesión 1: Capacitación tecnolóxica Oficinas Xerais e Colaboradoras 23/04/2026 De 10:00 a 13:30 h
Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas Oficinas Xerais 24/04/2026 De 10:00 a 12:30 h
Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas Oficinas Colaboradoras 24/04/2026 De 10:00 a 12:30 h

Pasos para realizar a inscrición nas sesións

  • 1.Accede á actividade na plataforma de formación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
  • 2.Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
  • 3.Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
  • 4.Unha vez que accedas, reserva a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
  • 5.Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes."

COMPARTIR