CSIF solicita á DXX que convoque mesa sectorial para tratar diversos temas.
- CSIF Informa
23 de marzo de 2026
Dende CSIF remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza solicitando a convocatoria de mesa sectorial para tratar os seguintes temas:
1.- Plan anual de Vacacións adaptado aos Tribunais de Instancia.
2.- Normativa de Teletraballo en xustiza.
3.- Nomeamento de Reforzos e prolongacións de xornada para solucionar o problema de déficit de persoal que se xerou coa implantación dos tribunais de instancia e que está a provocar unha sobrecarga de traballo nos funcionarios/as (Fase I e Fase III)
4.- Curso de formación para todas as Xefaturas dos corpos xerais
5.- Nomeamento de titores-formadores para o persoal interino que nunca traballou en xustiza ou que cambien de xurisdición.
6.- Problemática do funcionariado de auxilio do SCG (Formación de Equipos por Areas e arquivo)
7.- Informe sobre a situación da Modificación da RPTS da AP e do TSX para que sexan SC de tramitación e execución dos devanditos órganos e poidan continuar funcionando como o facían, incluíndo ademais ao corpo de auxilio xudicial.
8.- Modificación das RPTS dos Tribunais de Instancia da FASE I para ampliación de persoal.
9.- Informe sobre a recolocación física dos funcionarios/as da Fase III.
10.- Situación da bolsa de interinos.
11. Situación dos procesos selectivos.
12.- Informe sobre a Rotulación dos edificio xudiciais ( Fase I e Fase III).
13.- Informe da situación do Expurgo.