Tribunal de Instancia de Sarria: CSIF solicita á DXX a continuidade do reforzo de tramitación.
- CSIF Informa
18 de febrero de 2026
Dende CSIF remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza solicitando que se acorde a continuidade do reforzo de tramitación no Tribunal de Instancia de Sarria, autorizado dende o mes de xullo de 2024 e que se foi renovando periodicamente. De non facelo, prexudicaríase gravemente ao resto de persoal funcionario, que xa ten unha carga de traballo moi elevada, e tamén a cidadanía.
Por parte desta centra sindical levamos tempo reclamando que se creen novas prazas neste órgano xudicial. O proxecto de Real Decreto de creación de 500 unidades xudiciais (19 en Galicia) para o ano 2026 non conta con creación de prazas en ningunha das vilas galegas pero sí esperamos que a Comisión Mixta trasladase ao Goberno a necesidade de novas prazas neste partido xudicial, entre outras de pobos con necesidades de persoal acuciantes dende hai anos.