Viveiro: CSIF denuncia ante a Inspección de Traballo filtracións de auga no edificio xudicial.
- CSIF Informa
18 de febrero de 2026
Dende CSIF presentamos denuncia á Inspección de Traballo por un problema de filtración de auga nunha das oficinas do Tribunal de Instancia de Viveiro. A pesares dos requerimentos desta central sindical á Dirección Xeral de Xustiza dende o ano 2024, só se fixeron algunhas labores de limpeza e pintura pero non se solventou o problema, provocando moitísima humidade nas dependencias xudiciais co conseguinte prexuízo para a saúde do persoal funcionario.
Polo tanto, dende CSIF solicitamos que se proceda á investigación do relatado e se dite a oportuna acta de infracción, obrigando tamén a Dirección Xeral de Xustiza a que, de forma urxente, adopte as medidas preventivas para salvagardar a saúde do persoal funcionario.