Cursos para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix).

  • Formación

18 de febrero de 2026

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos titorizados en liña con aproveitamento activo e avaliación continua, para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de iniciación.

Convócanse dous plans de actividades formativas que se relacionan no anexo I da convocatoria cos 7 cursos que compoñen o itinerario ComDix-Iniciación, que terán lugar na modalidade de teleformación titorizada en liña, con aproveitamento activo e avaliación continua.

As actividades formativas dos plans presentados nesta edición forman parte do itinerario ComDix-Iniciación e teñen validez para a obtención da certificación ComDix-Iniciación, unha vez completado o itinerario de 250 horas que conforma a dita certificación.

Con carácter previo á inscrición será necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que será imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

Solicitudes de participación e prazos de inscrición

1. As persoas solicitantes deberán inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal

2. As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán escoller un dos dous plans formativos A ou B, descritos no anexo I, sen opción de cambio.

3. A inscrición no Plan formativo A é incompatible coa inscrición en calquera dos cursos individuais incluídos no Plan formativo B.

As persoas que figuren inscritas nos dous plans ao remate do prazo de inscrición serán excluídas automaticamente de ambos os dous plans.

4. O prazo para a inscrición no Plan formativo A ou B será de dez (10) días naturais a partir do seguinte as da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0177-050226-0001_gl.html

COMPARTIR