EGAP: Cursos de idiomas.

  • Idiomas

11 de febrero de 2026

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamiento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galicia; e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos; das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria para cada un dos casos no anexo II.

prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de febreiro de 2026.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260211/AnuncioO150-030226-0001_es.html

COMPARTIR