Concesión servizos máquinas expendedoras.
- CSIF Informa
26 de enero de 2026
A DXX acaba de comunicarnos o seguinte:
"A Xunta de Galicia está licitando a Concesión de servizos para instalación, mantemento, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e máquinas expendedoras mixtas con bebidas frías e produtos sólidos nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia (4 lotes).
Esta licitación ten por obxecto chegar a un maior número de unidades xudiciais para atender a demanda de todo o persoal que traballa nos edificios, así como das súas persoas usuarias.
Está previsto que as actuais máquinas expendedoras sitas nalgúns dos edificios xudiciais da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo se comecen a retirar a partires do 01.02.2026.
Estas máquinas serán substituídas polas novas máquinas expendedoras no momento que comece a execución da nova concesión.
Agradecemos a colaboración e comprensión de todas as persoas usuarias das máquinas expendedoras no intervalo de substitución das ditas máquinas.
Un saúdo."