CSIF solicita á DXX que inclúa un día máis de asuntos particulares no 2026.
- CSIF Informa
13 de enero de 2026
Dende CSIF remitimos escrito á DXX por un erro que acabamos de constatar na OPAX no que atinxe o número de días de asuntos particulares a disfrutar no presente ano 2026.
Na devandita aplicación aparece a día de hoxe un total de DEZ DÍAS para poder disfrutar no presente ano, os que se lle engadiran os correspondentes por trienios de antigüidade.
Pois ben, segundo a Resolución do 18 de Outubro do 2024 desa DX pola que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións, permisos e licencias do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, o número de días a disfrutar deben ser un total de ONCE. Iso, toda vez que o art. 3.f), sinala explícitamente que: “Incorporarase un día adicional de asuntos persoais por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan en sábado no dito ano”.
Segundo o exposto, o día 1 de novembro e o 6 de decembro son festivos nacionais que cadran a domingo no presente ano, sendo substituídos polo 24 de Xuño e o 19 de Marzo.
Seguindo o mesmo argumentario, o 25 de xullo e mailo 15 de agosto son festividades laboráis de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, coincidentes ambos en sábado, polo que se deben engadir dous días máis os nove que otorga a normativa, POLO QUE O NUMERO DE DIAS DE PERMISO DEBEN SER UN TOTAL DE ONCE, e non dez como consta na OPAX.
Solicitamos polo tanto se modifique o erro a maior brevidade posible, a fin de que todo o persoal traballador poida organizar e saber con antelación abondo os días non laborables que poderá disfrutar.