DOG: Resolución sobre traxectoria profesional (graos I, II e III).

  • CSIF Informa

12 de enero de 2026

Publicada a  Resolución do 30 de decembro de 2025 para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será:
• Graos I e II:
Todos os corpos: 30 días hábiles contados desde o 2 de marzo de 2026.
• Grao III:
Todos os corpos: 30 días hábiles contados desde o 2 de marzo de 2026.

En función das dispoñibilidades orzamentarias, o pagamento deste complemento adicional ao complemento de determinación autonómica (CAT/CE) correspondente ao grao I recoñecido producirase de maneira progresiva en tres anualidades, con efectos económicos do 1 de xaneiro de cada ano, coa distribución que se indica:

– En 2025, o 35 %.
– En 2026, o 70 %.
– En 2027, o 100 %.


Igualmente, en función das dispoñibilidades orzamentarias, o pagamento deste complemento adicional ao complemento de determinación autonómica (CAT/CE) correspondente ao grao II recoñecido producirase de maneira progresiva en tres anualidades, con efectos económicos do 1 de xaneiro de cada ano, coa distribución que se indica:
– En 2025, o 35 %.
– En 2026, o 70 %.
– En 2027, o 100 %.

Igualmente, en función das dispoñibilidades orzamentarias, o pagamento deste complemento adicional ao complemento de determinación autonómica (CAT/CE) correspondente ao grao III recoñecido producirase de maneira progresiva en tres anualidades, con efectos económicos do 1 de xaneiro de cada ano, coa distribución que se indica:
• Corpos de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial:
– En 2025, o 35 %.
– En 2026, o 70 %.
– En 2027, o 100 %.
• Corpos de medicina forense e de xestión procesual e administrativa:
– En 2026, o 35 %.
– En 2027, o 70 %.
– En 2028, o 100 %.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260112/AnuncioG0759-301225-0002_es.html

COMPARTIR