CSIF denuncia a descoordinación no Xdo. de Violencia sobre a Muller de Santiago.
- CSIF Informa
6 de enero de 2026
Dende CSIF diriximos escrito á DXX mostrando a nosa preocupación e denunciando a descoordinación observada na implementación da Sección de Violencia sobre a Muller do T.I. de Santiago. Así:
-Non hai ordenadores activados para todo o persoal, o que limita gravemente a operatividade.
-Varios funcionarios/as non están habilitados para acceder á Lexnet, o que impide a xestión adecuada da información e o seguimento dos casos.
-A falta de acceso á axenda de sinalamentos para realizar citacións tanto en Santiago como na Coruña nos xulgados do penal tradúcese nun obstáculo para o correcto desenvolmentos dos procesos xudiciais.
-Non hai teléfono específico para esta Sección, o que dificulta a comunicación e coordinación entre as institucións involucradas.
-Falta a ubicación de mesas adecuadas para que o persoal funcionario desenvolva a súa labor.
-A descoordinación cos Xulgados das vilas , dende onde proveñen os detidos, prexudicados, testigos e resto de operadores xurídicos debe ser abordada de xeito urxente para garantir a efectividade do noso sistema xudicial na loita contra a violencia de xénero.
Polo tanto, dende CSIF instamos á DXX a tomar medidas inmediatas para resolver estas deficiencias e mellorar a atención e protección das vítimas de violencia sobre a muller.
Achegamos o escrito presentado e o xustificante de presentación.