CSIF solicita, con carácter urxente, un formador/a para o Xdo. Violencia de Xénero de Santiago.
- CSIF Informa
6 de enero de 2026
Dende CSIF solicitamos á DXX que se proceda, con carácter urxente, ao nomeamento dun formador/a para o Xulgado de Violencia sobre a Muller de Santiago debido á falta de experiencia previa do persoal funcionario recentemente destinado alí.
Este tipo de xulgados presentan especiais singularidades organizativas, procesuais e funcionais, así como protocolos específicos de actuación e atención ás vítimas que fan imprescindible unha formación inicial específica do persoal destinado nos mesmos.
Achegamos o escrito presentado e o xustificante de presentación.