DOG: Complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller.

  • CSIF Informa

30 de diciembre de 2026

Publicada no DOG de hoxe a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller.

Esta resolución será de aplicación ao persoal funcionario que preste servizo nas seguintes unidades:

a) Servizo común que corresponda en localidades con tribunais de instancia con seccións de violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de postos de traballo.

b) Servizo común que corresponda en localidades con tribunais de instancia con seccións de instrución con especialización en violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de postos de traballo.

c) Servizo común de tramitación do tribunal de instancia dos partidos xudiciais da fase I que asumen a materia de violencia sobre a muller, no caso de que incoasen 75 dilixencias na materia no ano anterior. O persoal funcionario que poderá recibir este complemento será o persoal que desenvolva as súas funcións dentro do grupo de penal (procedemento penal, procedemento e execución penal e/ou execución civil e penal), de conformidade co disposto no correspondente protocolo de actuación, ao cal se sumarán unha ou dúas persoas do corpo de auxilio xudicial, e quedará, en todo caso, supeditado aos límites establecidos no anexo I.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251230/AnuncioG0759-231225-0010_gl.html

COMPARTIR