Resumo da mesa relativa á formación.
- CSIF Informa
27 de noviembre de 2025
No día de hoxe tivemos reunión ca Dirección Xeral de Xustiza sobre formación.
Maniféstase pola DXX que os cursos de Forenses van ser específicos.
Exponse pola DXX que os cursos que están por debaixo de “ratio un”, quere eliminálos a EGAP. Serían éstos:
“ Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos
Organización de arquivos xudiciais e expurgación
Módulo III. Lexislación social III: a execución na orde social
Actualización na valoración do dano corporal. Análise de casos complexosImelga
O dereito concursal: normativa, supostos e tramitación procesual
A custodia compartida nas crises matrimoniais
Medio de linguaxe xurídica galega (persoal con destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia)
Ferramentas para o teletraballo na Admón. de Xustiza
A garantía integral da liberdade sexual. Especial referencia na Administración de xustiza
A prisión provisional como medida cautelar persoal no proceso penal
Módulo IV. Xurisdición voluntaria Telef. 50 20 2 0,82 CV25054 Introdución á protección de datos persoais e gatantias do dereitos dixitais na Admon. de Xustiza
Módulo II. Lexislación social II: as modalidades procesuais na orde social
Módulo I. Execución civil: disposicións xerais
Implantación do expediente xudicial electrónico: persoal de auxilio”
Dende CSIF manifestamos o seguinte:
-Mostramos a nosa oposición a que se eliminen estes cursos. Como mal menor, que se reduzan as edición ou o número de horas pero eliminálos, en ningún caso.
-Solicitamos os siguientes cursos:
-Cursos adaptados a nova NUMO.
-Curso de PRL
-Curso de Atenea
- Nos cursos de galego medio e superior, que se amplíen as plazas e as edicións.
-Curso de IA adaptada á Admón. de xustiza.
-Cursos de informática (solicitamos que se faga de forma presencial)
-Cursos de viogen e para persoas vulnerables.
-Solicitamos a formación presencial polos compañeiros e que sexa retribuída.
Así mesmo, solicitamos que se manteñan os seguintes:
Seguridade e proxección de datos na Admón de Xustiza ,
O dereito de familia: normativa, procedementos e tramitación procesual ,
Módulo I. A actividade dos xulgados de garda: actuacións propias e alleas aos xulgados de instrucción,
Módulo I. Contencioso I
Módulo II. Execución civil: procedemento de constrinximento e trámites posteriores. Especialidades da execución hipotecaria
Asistencia xurídica gratuíta
Implantación do expediente xudicial electrónico: persoal xestor e tramitador
Módulo V. As medidas de apoio xudicial ás persoas con discapacidade
Módulo III. As actividades dos órganos xurisdicionais na execución penal
Modulo III. Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais
Módulo IV. Actividades procesuais dos xulgados de instrución
O Ministerio Fiscal e a actividade extraprocesual no ámbito da investigación penal. Circular 2/2022, do 20 de decembro, da FXE
As novidades lexislativas no ámbito procesual penal. Real Decreto Lei 6/2023. A Lei Orgánica do dereito de defensa
Superior de linguaxe xurídica galega (persoal con destino fóra da CCAA Galicia
Módulo I. Lexislación social I
Atención ás vítimas do delito e información á cidadanía
O novo Rexistro Civil. Evolución histórica. Situación actual. A nova aplicación DICIREG
Integración das bases de datos de Minerva e boas prácticas no manexo da aplicación procesual
As distintas actuacións en lugares públicos: actos de comunicación e actos de execución
Módulo II. Violencia de xénero e familiar. Tramitación
A intervención dos Institutos de Medicina Legal na prevención do suicidio - imelga
Metodoloxía da investigación na pericia médico forense - Imelga
As novas reformas lexislativas procesuais no ámbito civil. O Real Decreto Lei 6/2023
Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público
Superior de linguaxe xurídica galega
A nova oficina xudicial. Estructura e organización
Medio de linguaxe xurídica galega
Pola DXX maniféstase que para a implantación da fase III se está falando (2 reunións xa) con Amtega e que en abril-maio haberá formación para a nova oficina e normativa estatal e autonómica.
Posiblemente, tamén haberá cursos relativos a persoas vulnerables.
Tamén se pretende poñer un curso online de DICIREG para que estea sempre colgado na páxina e o poida facer calquera.
Ademáis, pola DXX coméntase que coa nova oficina, se cambias de xurisdición, non vai ser necesaria formación. Algo co que estamos totalmente en desacordo.
Finalmente, a DXX da un prazo ata o luns para remitirlles os cursos que desexamos solicitar á EGAP e logo eles os trasladarán o martes.
En rogos e preguntas:
-Solicitamos aclaración de por qué se están eliminando cursos do expediente electrónico dalgún persoal funcionario ao que contestan que é por duplicidade.
-Tamén se pide que aclaren os criterios de acceso aos cursos.
-Solicitamos tamén que para exames finais e probas de aptitude non se poñan restricións e se conceda o permiso expresamente previsto no artigo 5 da Resolución do 18 de outubro de 2024, da DXX, pola que se regula o réxime e procedemento para a concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
-Instamos que se expidan diplomas de todos os cursos que se realizan ao que a DXX contesta que os da EGAP os está certificando todos agás os de capacitación cando vai un tutor a ensinar a un xulgado.