Resumo da reunión do grupo de traballo sobre a reorganización do persoal da Fase III.

  • CSIF Informa

28 de octubre de 2025

Na mesa da reunión do grupo de traballo que tivo lugar no día de hoxe  entre a DXX e as organizacións sindicais, e ante as consultas realizadas ao proceso de confirmación, reordenación e reasignación forzosa, a DXX realizou as seguintes aclaracións:

1.-En relación ao proceso de confirmación, mandouse o excel aos letrados/as para que informen as funcións de cada funcionario/a, é dicir se tramita, executa ou tramita e executa.

A continuación, a DXX publicará unha listaxe de todo o persoal, onde aparecerá quen tramita e quen executa e quen fai as dúas funcións, e haberá un prazo seguramente de 3 días  para alegacións por se houbese erros.

A partir de aí e a través da OPAX procederase, ao mesmo tempo, (para que haxa igualdade de condicións) co proceso de confirmación en tramitación e confirmación en execución, excepto para o persoal de violencia de Santiago e Ourense que se lles fará unha comunicación específica e individualizada a través do notifica. gal.

2.- Os funcionarios/as que se atopen de baixa ou en situación de excedencia terán que realizar tamén o proceso de confirmación a través da Opax. De non facelo irán ao proceso de reordenación ou de reasignación.

3.- Seguramente a partir da semana que vén terán o documento xa elaborado para subilo a Opax.

4.- En relación ao escalafón, trasládannos que o teñen xa actualizado a data agosto de 2025 e en breve aparecerá novamente na Opax.

5.-Todas as xubilacións que se produzan antes do 31 de decembro do 2025 non lles afectará o proceso  de axuste, soamente van ao proceso os que  se xubilen a data 31 de decembro.

6.-No proceso de confirmación a preferencia é no propio xulgado.  Se soamente hai unha praza e soamente unha persoa ten que confirmar obrigatoriamente.  É dicir, non poden quedar prazas vacantes. No proceso de reordenación a preferencia é na xurisdición e poden optar a todas as prazas que quedaron sen confirmar.

7.-En canto ao servizo de apoio, irán ao proceso de reordenación quen non se puidera confirmar e contaralles a antigüidade no último posto de traballo

8.-En relación ás porcentaxes para determinar o número de efectivos, trasládannos que están practicamente feitas, seguramente a próxima semana xa as teñan.

9.-Os Auxilios que teñen código VSM e código GA confirmaráselles no SCG cos devanditos códigos.

10.-Na Audiencia Provincial , non haberá seccións, haberá unha porcentaxe do persoal para executar só da sección penal da devandita Audiencia. O  resto confirmarase ou reordenarase en tramitación da AP .  Ourense aínda haberá que establecer porcentaxes .

11.-As comisións de servizo das prazas vacantes, de momento, van reducirse para non entorpecer o proceso de acoplamento.

12.-Os Auxilios dos rexistros civís de Ourense, Lugo, Ferrol, Santiago, Pontevedra se están no rexistro civil, confirmaráselles no rexistro civil.

13.- En canto aos auxilios do SC Apoio do Decanato e do TSXG , de momento está pendente de valorar polas organizacións sindicais e a DXX.

14.-En canto á preferencia para o próximo concurso se vas á fase de reasignación forzosa, tampouco está claro que sexa así xa que o Ministerio entende que todo o proceso ao completo é obrigatorio, e así se lle fixo saber por CSIF, polo que están pendentes de que o Ministerio conteste a esa dúbida.

15.- En relación ao persoal que concursou e non tomou posesión aínda nesta comunidade, trasladóusenos que segundo o Ministerio téñense que confirmar, reordenar ou reasignar nesta comunidade, é decir, no destino que se lles adxudicou, aínda que de momento non tomasen posesión e o tempo cóntalles desde o nomeamento,

16.- En relación á ampliación de vacacións a marzo de 2026, trasládase por parte da DXX que se polo proceso houbese que amplialas poderíase  facer pero de momento non hai nada en concreto.

17.- Convocarase en breve Mesa Sectorial.

Finalmente, acórdase pola DXX e as organizacións sindicais que se elabore un documento para publicar na intranet con todas as preguntas feitas por escrito polas OO.SS. e as respostas da DXX., que se lle chamará preguntas frecuentes.

 

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR