Resumo Comité de Seguridade e Saúde 20/10/2025.
- Prevención de Riesgos Laborales
20 de octubre de 2025

A Dirección Xeral de Xustiza remitirános un documento coas actuacións que están levando a cabo nos distintos edificios xudiciais e que anexaremos nesta noticia unha vez teñamos. Non obstante, facémosvos un pequeno resumo dos temas tratados.
Cuberta do edificio xudicial da rúa Armando Durán de Lugo: terminouse co arranxo da cuberta, esta semana esperan rematar todos os traballos de desconchado. Ademais, actuacións na Fonsagrada e na Audiencia Provincial.
Pontevedra: A pintura das fachadas exteriores da Audiencia Provincial queda posposta polas choivas.
Ourense: actuacións en Verín, Bande, Trives, O Barco, Fiscalía, novo edificio, Carballiño
A Coruña: actuacións en TSX, Santiago, AP Coruña, Xulgados de Coruña, Carballo, Imelga.
Charla informativa e visita do Director Xeral e secretario coordinador, en Vilagarcía e Cambados o día 4 novembro
En relación a iluminación nos xulgados está un profesional vendo como se van ubicar en cada xulgado de Galicia
Coa problemática do arquivo en Santiago e as pezas de convición a idea é abrir expediente gubernativo e destruilas. Pidese que se limpie o arquívo tamén
Vai mirarse a problemática que está a xurdir co acompañamento de familiares a consultas médicas debido a que se estan poñendo moitos problemas nas delegacións.
En relación os desfibriladores din na DXX q neste ano rematarán de poñelos en toda Galicia.
Probas de radón: ainda non teñen os resultados da primeira fase, chegaran en novembro ou decembro. Hai acordo coa empresa que leva ese tema a USC. Faranse as medicións en todos os edificios xudiciais (incluso no da Estrada que se fará o cambio de edificio non máis tarde do 15 novembro)
Plan de Igualdade para o 2026: Proximamente se constituirá a Comisión de Igualdade, cun representante por cada OO.SS.
Dende CSIF tamén informamos da problemática dos rexistros civís dos TI da fase I.
Protocolos de actuación: Pedimos que se roten todas as OO.SS. e non só participen as 4 mais representativas.
Certificados dos cursos de Dicireg: pídese que se envíen e a resposta é que se non hai exame non se dan certificados.
O tempo para facer os cursos de formación estase pedindo dende a DXX que os funcionarios/as soliciten asuntos particulares. Dende CSIF pedimos que se dea ese tempo para a formación.
Pedimos que se reforcen todos os xulgados afectados pola fase I. En relación á fase III pedimos se indique se se vai a mover o persoal e como se fai a facer.
Insistimos unha vez mais na negociacion xa do teletraballo, e pese a insistencia de CSIF din que quedará para o a o 2026 porque non hai tempo, algo no que estamos totalmente en contra.
Con respeto as vacaciones nos xulgados da fase III , comenta a DXX que quere ampliar o prazo de desfrute.
En relación ao acuerdo económico din que xa teñen o visto bo de Facenda.
Dende CSIF indicamos que as achegas por provincias respecto á PRL se fan por escrito, o que vos anexamos nesta noticia.