Acción social 2025: Listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas.
- CSIF Informa
19 de septiembre de 2025

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co establecido no punto 4 da Resolución do 5 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral ACORDA:
Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.
Segundo. As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250919/AnuncioG0759-110925-0002_es.html