CSIF solicita o nomeamento de funcionario/a interino/a de Auxilio Judicial para Instancia número 3 de Ourense
- CSIF Informa
2 de septiembre de 2025

Dende esta Central Independiente e de Funcionarios (CSIF), queremos poner en coñecemento desa Dirección Xeral a imperiosa necesidade de nomeamento dun funcionario/ainterino do Corpo de Auxilio Xudicial para o Xulgado de Primeira Instancia num. 3 de Ourense. Esta praza estaba vacante por nomeamento da súa tiular como Tramitadora en substitución vertical, polo que foi chamado un compañeiro da bolsa de interinos do Corpo de Auxilio Xudicial.
Este compañeiro está a sufrir unha doenza de longa duración, polo que puidemos saber, doenza que se vai alongar no tempo, e habéndose solicitado hai xa semanas o nomeamento dun novo interino. Sen embargo, a pesar das reiteracións, a día de hoxe todavía non foi sacada esa praza para que a poidan pedir os integrantes da bolsa de interinos, polo que, en aras a evitar un maior prexuizo o resto de Auxilios que están a facer o traballo deste posto, instamos a súa publicación o mais axiña posible, en concreto, xa na próxima semana.
Agardamos que esta petición sexa recollida e se publique a oferta desa praza sen máis dilación.