Curso de Formación Efidelius para o persoal de auxilio.
- CSIF Informa
2 de septiembre de 2025

Dende esta Central Independiente e de Funcionarios, CSIF, recibimos varias queixas en relación a impartición do curso de Formación Efidelius para o corpo de Auxilio Xudicial durante o mes de Agosto, polo que trasladamos a esa Dirección Xeral o descontento amosado polos compañeiros así como tamén o rexeitamento desta organización a impartición de cursos de formación durante o mes de agosto, mes que como ben sabemos é o que a meirande parte do persoal elixe para o disfrute das súas vacacions estivais, polo que moitos vironse imposibilitados para recibir esa formación.
Entendemos que pode haber ocasións nas que por imposibilidade temporal pola instalación de programas de xeito urxente non é posible facer unha previsión de formación a medio ou longo prazo pero, dende logo, o que non consideramos oportuno nin viable e impartir cursos de formación no principal mes de vacacions para un programa imprescindible de grabación como Efidelius, programa que comeza a funcionar o primeiro día do mes de setembro e que a súa carencia imposibilitaría a realización de vistas e xuízos.
Trasladamos polo tanto o descontento e indignación dos compañeiros/as que incluso tiveron que axudar a outros nestes primeiros días interrumpindo os seus permisos ou vacacións para que esas vistas ou xuízos non tiveran que suspenderse.
Sabemos que este curso xa foi impartido noutras cidades e localidades e que resta por facerse nalgunhas outras, polo que, en aras dun mellor desenvolvemento, instamos a que se faga unha planificación mais previsible e con prazos abondo a fin de que non interfira no disfrute de permisos, vacacions, licencias ou incluso incapacidades temporais.