Tras a presión de CSIF, a Dirección Xeral de Xustiza vai comezar a reparación das goteiras nos xulgados de Lugo.

  • CSIF Informa

28 de mayo de 2025

Despois da presentación da denuncia á Inspección de Traballo por este sindicato nestes días (aínda que como xa informamos en numerosas ocasións, CSIF xa o tiña posto en coñecemento da Dirección Xeral de Xustiza no Comité de Seguridade e Saúde do día 09/02/2023 e en posteriores Comités así como en escritos e notas de prensa) parece que a Administración vai comezar as obras para subsanar as filtracións de auga a semana que vén cunha duración estimada dun mes aínda que a reparación de maior envergadura está pendente de licitación para antes da finalización do ano.

Dende CSIF valoramos positivamente esta nova mais cremos que o alcance tería sido menor de ter solucionado o problema cando as goteiras comenzaron no xulgado do social número 4 hai anos. 

Agora, e debido a inacción da Administración durante este tempo, o problema é moito maior, estando afectados varios órganos xudiciais e espazos comúns e tendo que ter reubicado ó persoal funcionario do xulgado social número 4 no sótano -1, cos prexuízos que iso conleva e dando unha imaxe lamentable para un servizo público.

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/xunta-promete-empezar-reparar-proxima-semana-goteras-juzgados/202505281417421882224.html

COMPARTIR