Substitucións: Adxudicación dos postos ofertados o 5 de maio de 2022

  • Concursos y movilidad
  • Otros Concursos y Movilidad
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario

11 de mayo de 2022

Publicouse a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, do 11 de maio de 2022, pola que se publican as adxudicacións dos postos ofertados pola Resolución do día 5 de maio de 2022.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.

Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

A renuncia á substitución adxudicada pola presente resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.  

Achégase a resolución para a súa consulta.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR