CSIF presenta denuncia á Inspección de Traballo polas filtracións de auga nos Xulgados de Lugo.
- CSIF Informa
25 de mayo de 2025

Dende CSIF presentamos denuncia contra a Dirección Xeral de Xustiza ante a Inspección de Traballo polo problema de filtracións de auga no edificio dos Xulgados de Lugo, sitos na rúa Armando Durán.
Este sindicato xa advertiu do problema no Comité de Seguridade e Saúde do día 09/02/2023 e nos posteriores Comités así como en numerosos escritos dirixidos á Dirección Xeral de Xustiza e denuncias na prensa, sen que a Administración adoptase ningunha medida.
Na citada denuncia, informamos que este inverno se agravou a situación e caeu o falso teito do xulgado do Social número 4 tendo que reubicar ó persoal funcionario noutras dependencias. Así mesmo, cae auga noutros xulgados do Social do mesmo andar (o cuarto) e tamén no andar terceiro e mesmo no hall da entrada (planta baixa) poñendo en risco a seguridade do persoal funcionario así como dos cidadáns que acceden ás dependencias xudiciais.
Achegamos o xustificante de presentación-