Nota conxunta de SPJ-USO,STAJ, UGT,CSIF e CCOO sobre o proceso de acoplamento da Fase I e rogos e preguntas remitidas por CSIF á DXX.
- CSIF Informa
15 de mayo de 2025

A Dirección Xeral de Xustiza pretende un proceso de acoplamento obligatorio que atenta contra os dereitos dos traballadores.
As Organizacións sindicais que continuamos de forma responsable na unidade sindical demandamos nas nosas alegacións que prime a voluntariedade e o mantemento do emprego.
A instauración da Fase I, que afecta aos pobos e vilas galegos, deriva nunha estrutura totalmente nova, con oficinas de xustiza municipal, oficinas de rexistro civil e tribunais de instancia, cada un deles con cadansúa Relación de Postos de Traballo. Isto implica a reordenación de todo o persoal en centros de destino totalmente novos.
Entre as diferentes posibilidades a Dirección xeral prima a confirmacion obligatoria nos postos que se veñen desenvolvendo, o que supón unha discriminación clara no persoal que desempeña o seu traballo nos Rexistros Civís, limitando a mobilidade.
Ante a proposta da Dirección Xeral, SPJ USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO presentamos de forma unitaria, en aras a lograr maior forza, as seguintes alegacións:
No proceso debe primar a voluntariedade por encima de calquera outra cuestión, por iso entendemos que o primeiro que se debe solucionar é a reordenacion das oficinas do RC.
Consideramos por tanto que se deben ofertar as dúas prazas de rexistro a Xestores e Tramitadores de todo o tribunal de instancia de cada localidade, dando un prazo de 5 días a todos os integrantes do persoal de ámbolos corpos afectados para que soliciten as dúas prazas do rexistro civil primando:
En primeiro lugar, a experiencia adquirida en funcións de rexistro civil.
En segundo lugar, a antigüidade no centro de destino.
En terceiro lugar, antigüidade na administración de xustiza.
E en cuarto lugar o escalafón
Con esta proposta consideramos que se cumpren os principios básicos de igualdade, mérito e capacidade para todo o persoal de xustiza.
Ante esta proposta o Director Xeral négase a aceptar calquera posición que mude a obrigatoriedade, amparándose de forma absurda no coñecemento previo do Rexistro polas persoas que o ocupan actualmente, e no medo a un aluvión de recursos xudiciais, recursos que sen dúbida han chegar se seguen a conculcar os nosos dereitos, e apreciando como centro de destino o órgano en lugar de a localidade, limitando a mobilidade.
Como contraproposta ofertan a posibilidade de que o persoal que na actualidade ocupa un posto no xulgado con competencias en rexistro civil poida no proceso de reordenación optar a prazas vacantes do seu centro de destino, e no seu caso, o decanato.
Ante esta oferta as cinco organizacións sindicais amosamos o noso malestar por non acoller nin unha soa das alegacións presentadas por nós, e facer unha oferta chea de incertezas, que asumimos coma un mal menor e sempre e cando se manteña o emprego público, sen producirse ningún cesamento que vaia contra o servizo público e os dereitos dos traballadores.
En calquera caso se este é o rumbo que a Xunta de Galicia quere tomar en canto a implantación dos tribunais de instancia, vaticinamos un duro proceso nos que nos terán enfronte sempre que o autoritarismo e a merma de dereitos sexan os principios de actuación.
Así mesmo, dende CSIF remitimos os seguintes rogos e preguntas:
1. Programa de vacacións anuais deste ano: Preguntamos para cando a remitirán dado que estamos xa en maio e hai compañeiros/as preguntando polo mesmo.
2. Teletraballo: Insistimos en que ten que negociarse xa. Xa está asinado o Convenio marco e xa se celebrou a conferencia sectorial do 3 e 4 de abril, polo tanto, non pode haber máis demoras.
3. Listaxe actualizada das prolongacións e reforzos.
4. No tema das RPTs da Fase I , que se publicaron no Dog o 7 de maio, preguntamos cal é o motivo polo cal non se incluíron nas mesmas os códigos de VSM e os códigos dos postos de Rexistro e Decanato así como tampouco consta a a dotación de persoal funcionario. Si é posible a súa inclusión e facer unha modificación das rprts e por qué se establecen os códigos do rexistro civil e non así os códigos de violencia ou do decanato. Necesitamos saber cal é a rpt que leva ditas funcións porque na maneira na que están dan a entender que dentro do Tribunal de Instancia, calquera funcionario ou funcionaria pode levar violencia, rexistro e decanato.
5.En canto á traxectoria profesional, queremos saber se se vai abri o prazo no último trimestre deste ano como xa se tiña acordado e dado que para o persoal de tramitación e auxilio vai ser con carácter retroactivo dende xaneiro de 2025. Ademais, insistimos en que para o persoal de xestión e forenses se estableza, cando se negocia, que sexan dous anos (2026-2027) e ir todos á vez.