COMUNICADO CONJUNTO DE LOS 7 SINDICATOS
19 de marzo de 2025

A entrada en vigor da Lei de Eficiencia significará unha reforma sen precedentes na actual estrutura xudicial que terá reprecusións de calado organizativo, estrutural, funcional, tecnolóxica e competencial que afectaran directamente a tódolas/os traballadoras/es.
O Ministerio de Xustiza e tódalas comunidades Autónomas transferidas, salvo C. Valenciana, foron conscientes de que para implementar a NUMO (nuevo Modelo) é imprescindible contar co apoio e a implicación das/dos traballadoras/es e quen sen a súa colaboración, esforzo e empleño é imposible logar o funcionamento da Xustiza.
A Xunta de Galicia sen embargo leva meses evitando presentar ningunha oferta económica aos representantes das/os traballadoras/es, a pesar das numerosas peticións de tódalas centrais sindicais.
Ante a falta dunha resposta satisfactoria do Director Xeral de Xustiza e a presentación dunha suba retributiva acorde aos futuros cambios, os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial decidimos:
- Solicitar por escrito a presenza do Conselleiro, Diego Calvo, na próxima Mesa Sectorial.
- Presentación na Mesa Sectorial dunha oferta de subida do CAT.
- Convocatoria Rolda de Prensa o xoves, 20-3-25, para denunciar a situación.
Nota- Onte, ás 15 horas, a Dirección Xeral de Xustiza, trala presentación da carta ao Conselleiro, convocou a Mesa Sectorial ás Organizacións Sindicais, para o día 24 de Marzo, en Santiago, ás 11:30 horas.