Contestación da DXX a CSIF sobre a orde para os ceses na asignación das prazas no concurso de traslados.

  • Otros artículos

17 de abril de 2024

A Dirección Xeral de Xustiza contestou a CSIF sobre o punto primeiro do escrito presentado por esta central sindical o día 21 de marzo de 2024, que vos achegamos.

Así, no tocante á solicitude de establecer unha orde para os ceses na asignación do concurso de traslados do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, infórmannos o seguinte:

"As convocatorias anuais de concurso de traslado desenvólvense de conformidade co establecido no Título VIII da Lei 19/2003, de 23 de decembro, que modifica a Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, e no artigo 43 e seguintes e Disposición Derrogatoria Única do Regulamento de Ingreso, Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional do persoal funcionario ao
servizo da Administración de Xustiza, aprobado por Real Decreto 1451/2005, de 7 de decembro.


Nestes casos, ao non existir na actualidade no ámbito do persoal ao servizo da administración de Xustiza aprobadas Relación de Postos de Traballo (RPT) agás no ámbito da Fiscalía e do Instituto de Medicina Legal de Galicia, que contan con lexislación propia necesaria para o desenvolvemento destas RPT, o que non acontece no caso das unidades xudiciais, en relación aos ceses e
nomeamentos do persoal titular derivados do concurso anual de traslados dos corpos xerais (convocado e resolto de forma simultánea polo Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas con competencias transferidas pero cuxo procedemento xestiona integramente o Ministerio de Xustiza), o persoal funcionario opta a un posto de traballo do corpo ao que pertence de forma indeterminada, non a un posto concreto.


Así, este centro directivo depende da información trasladada polo Ministerio de Xustiza relativa ás adxudicacións dos postos tanto vacantes como de resultas, que é cargada na aplicación informática da Oficina do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX) para levar a cabo os ceses e nomeamentos, de forma automática. Así mesmo, as tomas de posesión están condicionadas
pola vontade ou circunstancias do propio persoal funcionario o que limita as posibilidades de planificación da administración.

Ao ser todos os postos existentes nas unidades de igual categoría (é dicir, postos non singularizados), a asignación automática que se fai a través da base de datos que remite con carácter previo á resolución administrativa que se publica simultaneamente no DOG e no BOE, afecta en todo caso por igual sexa cal sexa a condición do persoal funcionario que ocupa a praza de forma temporal, ben a través da modalidade de comisión de servizos, substitución ou a través de persoal interino. Neste punto é importante remarcar que todo o persoal afectado ocupa estas prazas con carácter temporal, polo que establecer criterios que primen o cese do persoal interino fronte ao persoal funcionario de carreira vulneraría o disposto no apartado 2 do artigo 489 da
Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial: “2. Os nomeados deberán reunir os requisitos e titulación necesarios para o ingreso no corpo; tomarán posesión no prazo que regulamentariamente se estableza e terán os mesmos dereitos e deberes que os funcionarios, salvo a fixeza no posto de traballo ...”.
No caso de que os ceses afecten a persoal interino, aplícase o recollido no artigo 21.3 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao Servizo da Administración de Xustiza en Galicia, modificada pola Orde do 30 de novembro de 2021:


«3. Naqueles órganos que non estean incluídos nunha relación de postos de traballo, e no caso de
que sexan varios os interinos do mesmo corpo que estean a desempeñar postos de traballo, para
determinar que persoa debe cesar aplicaranse os seguintes criterios:
a) As persoas que non formen parte das respectivas bolsas de traballo ou de reserva cesarán con
preferencia aos integrantes das ditas bolsas.
b) As persoas da bolsa de reserva cesarán con preferencia aos integrantes das bolsas de traballo.
c) Se hai funcionarios interinos que leven máis de 18 meses no mesmo órgano, cesará aquel que leve
máis tempo traballando nel.
d) Se non hai ningún interino no mesmo órgano que leve máis de 18 meses, cesará o que leve menos
tempo nel.
En caso de producirse un empate na aplicación dos criterios anteriores, cesará a persoa que teña peor posición na bolsa definitiva na data de publicación desta.

Os anteriores criterios non se aplicarán no caso de persoal interino que se reincorpore tras un permiso, licenza ou situación administrativa que comporte reserva de posto, debendo cesar neste caso aquel interino que fose nomeado con causa no dito permiso, licenza ou situación administrativa».

En definitiva, para afondar nun cambio do sistema automático que se emprega na asignación dos postos, precísase o despregamento da normativa que regule a organización do servizo público de Xustiza de cara á aprobación e desenvolvemento das correspondentes RPT.


Neste contexto o 12.03.2024 aprobouse o anteproxecto de Lei orgánica de eficiencia organizativa do servizo público de Xustiza, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, para a implantación dos Tribunais de Instancia e das Oficinas de Xustiza nos municipios. A aprobación da dita lei orgánica, prevista para este ano 2024, conlevará a aprobación das correspondentes RPT para todo o persoal dos corpos xerais da administración de Xustiza destinados nas unidades xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia e, en consecuencia, permitirá adaptar a actual estrutura creando postos singularizados nas distintas unidades que precisen necesariamente de cambios nas convocatorias e nos distintos procesos. Para todo ese
traballo de organización e despregamento tenderase a man ás distintas organizacións sindicais presentes na Mesa sectorial de xustiza."

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR