CSIF denuncia novamente o acoso por parte do letrado do Xulgado de Violencia da Coruña hacia o persoal funcionario.

  • Otros artículos

15 de abril de 2024

Unha vez máis, dende CSIF presentamos denuncia ao Comité de Seguridade e Saúde ante a reiterada actitude do letrado substituto do Xulgado de Violencia da Coruña.

A pesar da queixa xa presentada por este sindicato hai máis dun ano ao Ministerio de Xustiza, TSXG, Comité de Seguridade e Saúde e á Letrada Coordinadora da Coruña e do que tamén son coñecedores o xuiz titular e de reforzo do órgano, a actitude de prepotencia, menosprezo, ninguneo e acoso do Letrado hacia o persofal funcionario segue sendo a mesma polo que dende CSIF non podemos consentir esta actitude de maneira sistemática, recorrente e inxusta e por ese motivo volvemos presentar denuncia para que se proceda a dar solución XA.

No caso de non ter unha resposta satisfactoria verémonos na obriga de acudir á vía penal e a todas aquelas vías que consideremos necesarias para facer valer os dereitos dos nosos compañeiros e compañeiras.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR