A VERDADE SOBRE O ACORDO ASINADO POR CSIF EN TERRITORIO MINISTERIO.

  • Otros artículos

12 de abril de 2024

Despois das circulares e correos remitidos dende diferentes organizacións sindicais malinformando e facendo interpretacións interesadas e sesgadas do acordo asinado por CSIF no ámbito non transferido para a subida do complemento específico, e aínda que non sexa o noso xeito de traballar, vémonos na obriga de aclarar varios puntos sobre o devandito acordo, xa que o descoñecemento moitas veces conleva unha doada manipulación.

 

1.- Os ámbitos de negociación para os empregados/as públicos de xustiza son tres:  Mesa Xeral de funcionarios/as públicos,  Mesa Sectorial e Mesa Delegada de Xustiza.

 

2.- Na primeira delas negociase as condicións que afectan a todos os empregados públicos de todos os sectores da administración.  Aí por exemplo e onde se acorda a subida anual para todo o persoal funcionario ou normativa de xubilacións de réxime xeral.   Está composta por CSIF, UGT, CCOO e sindicatos nacionalistas. NON ESTAN nin USO nin STAJ.

 

3,-Na mesa sectorial de Xustiza negócianse as condicións e normativa que afecta a todo o persoal de xustiza en todo o territorio nacional e, polo tanto, e onde se tratan temas de funcións,  leis de eficiencia,  teletraballo, carreira profesional,  gardas,  etc. Temos representación CSIF, STAJ, UGT E CCOO ademáis dos sindicatos nacionalistas.

 

4,. Por último, a Mesa Delegada é onde se negocian as condicións e normativa que atinxe soamente ao territorio do Ministerio de Xustiza e onde se fraguou ese acordo. Facendo unha comparación é como a nosa mesa de Galicia  na que se debaten e aproban temas puntuais e de normativa sobre competencias transferidas.  Estamos representados CSIF UGT CCOO  ademáis dos sindicatos nacionalistas. NON ESTAN nin USO nin STAJ. Aquí temos o noso CAT que é o seu complemento específico. Por tanto, non podemos decirlle que é o que teñen que facer igual que eles non nos poden decir a nos que temos que facer co noso CAT. Cada un ten a súa competencia no seu ámbito.

            Ademáis, algúns destes sindicatos firmaron e están firmando subidas de complemento específicos noutras comunidades como Asturias, Madrid, Pais Vasco etc.  (Basta ver os seus blogs.). En fin, sen comentarios.  Ademais de que o complemento en territorio Ministerio  levaba moitos anos sen incrementarse e era dos máis reducidos de toda España.

Pódese ver claramente quen son os que se encargan de difundir teorías conspiranoicas e información sesgada en aras de confundir e enfrontar. Sempre os que non están nin se lles espera non teñen outra saída máis que seguir o vello lema de “difama que algo queda”.

 

5.- Por último, A NEGOCIACIÓN NON ESTÁ PECHADA.  Na mesa Sectorial de Xustiza de Madrid seguimos a presionar para que a implantación dos Tribunais de Instancia redunde tamén nas nosas retribucions en todo o territorio nacional a través do Complemento Xeral do Posto, amén de que a subida nestas comunidades (todas)  tamén nos beneficia o ter que estar no medio da táboa de todos os territorios. 

 

CSIF SEGUIRÁ PRESIONANDO EN TODAS AS MESAS POR ESA SUBIDA E POR MELLORAR AS NOSAS CONDICIÓNS DE TRABALLO,  COMO SEMPRE FIXEMOS E POR ESO SEGUIMOS SENDO OS PRIMEIROS A NIVEL NACIONAL. TAMPOUCO ENTRAREMOS A MÁIS EMBITES NIN RÉPLICAS.  NON É O NOSO XEITO DE TRABALLAR.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR