CSIF solicita o nomeamento de persoal de reforzo no Xulgado do Penal número 2 de Lugo
- Otros artículos
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
26 de diciembre de 2023

Dende CSIF remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza para dar conta da situación pola que está atravesando o Xulgado do Penal número 2 de Lugo. Segundo os datos estatísticos do ano en curso, ao comezo do periodo tiñan 1314 executorias pendentes e 529 procedementos abreviados e na data actual, teñen pendentes 1268 executorias e 685 procedementos abreviados, o que supera con creces os 400 procedementos abreviados por órgano e ano para os Xulgados do Penal con executorias, previsto no Acordo do 20 de decembro de 2018 entre o CXPX e o Ministerio de Xustiza para a determinación do sistema de medición de carga de traballo nos órganos xudiciais. Pero isto non é algo puntual xa que se vemos os datos do ano anterior e precedentes, temos cifras esaxeradas que no se dan mellorado senón se nomea persoal de reforzo para o que xa habería medios materiais no xulgado.
A maior abundamento, hai unha mesa que vai estar parada durante uns meses debido ao desfrute de asuntos particulares e posterior xubilación dun funcionario o que, dende logo, vai contribuir ao empeoramento da situación. Faise constar que esa mesa leva actualmente catro números de procedementos abreviados e xuízos rápidos.
Segundo o artigo 19 da Orde de 4 de outubro do 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino, “1. Cuando por circunstancias coyunturales, un órgano, servicio o unidad de la Administración de justicia soporte una carga de trabajo extraordinaria, o una demora excepcional en los procedimientos, que no aconsejen acordar prolongaciones de jornada aceptadas voluntariamente por el personal funcionario, la dirección general competente en materia de justicia podrá acordar el nombramiento de personal interino de refuerzo, siempre que lo permitan las disponibilidades presupuestarias.”
Polo tanto, é imprescindible que se adopten medidas nomeando persoal de reforzo á maior brevidade en aras á calidade do servizo público que prestamos.