Teletraballo, por suposto.
- Otros artículos
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
30 de octubre de 2023
Ante a circular do Ministerio de xustiza pola que se pon fin ao teletraballo, dende CSIF remitimos un escrito á Dirección Xeral de Xustiza solicitando que se manteña esta modalidade de prestación de servizos a distancia e se proceda a unha convocatoria urxente para negociala.

Non hai moito, dende o Ministerio repetiasenos coma un mantra que o teletraballo viñera para quedarse. Pois a reglón seguido parece que xa non. De feito, o pasado venres 27 de outubro as 14,30 horas, dun xeito imprevisto, oscurantista e caciquil, o ministerio saca unha circular na que finiquita esa modalidade de prestación laboral ata que se regule o teletraballo na Administración de xustiza. Vista a axilidade do Ministerio, gustaríanos adiviñar para cando pode ser iso. Pero o que xa bordea o esperpéntico, e que afirma sin rubor algún que non está regulado e, polo tanto, segundo o acordo de 4 de Xullo no que se declara o fin da pandemia, non se pode seguir aplicando. Pois tempo tiveron dende Xullo para responder os nosos reiterados intentos de negociación, incluso con denuncias ante o Xulgado.
De todolos xeitos, e atendendo agora o ámbito autonómico que nos atinxe, dende CSIF esperamos que a ineptitude do Ministerio non se estenda a esa Consellería de Xustiza.
Este sindicato non pode permitir que unha modalidade de traballo que tantos beneficios aportou tanto o persoal como a cidadanía, quede agora en nada. E iso, por varios motivos, a saber:
1.- Reduciuse a pendencia na maioria dos Xulgados e tribunais
2.-Demostrouse unha maior eficiencia no desenvolvemento do traballo.
3.- Maior facilidade de conciliación laboral e familiar
4.- Aplicación das TIC segundo o peticionamento do Ministerio e a normativa desenvolvida.
5.- Cumprimento do art. 47 do Texto Refundido do EBEP
6.- Inversión en portátiles, tanto nos xa repartidos como nos que ainda falta
Por todo iso, dende CSIF esiximos o mantemento do teletraballo en tanto en canto non se negocie a normativa que regule polo miúdo o seu desenvolvemento, xa que segundo o art. 47bis do TREBEP antes referido, este sinala que “Se considera teletrabajo aquella modalidad de prestación de servicios a distancia en la que el contenido competencial del puesto de trabajo puede desarrollarse, siempre que las necesidades del servicio lo permitan, fuera de las dependencias de la Administración, mediante el uso de tecnologías de la información y comunicación.
2. La prestación del servicio mediante teletrabajo habrá de ser expresamente autorizada y será compatible con la modalidad presencial. En todo caso, tendrá carácter voluntario y reversible salvo en supuestos excepcionales debidamente justificados. Se realizará en los términos de las normas que se dicten en desarrollo de este Estatuto, que serán objeto de negociación colectiva en el ámbito correspondiente y contemplarán criterios objetivos en el acceso a esta modalidad de prestación de servicio.
Pois ben, o que esiximos dende CSIF é precisamente o cumprimento desa negociación colectiva que recolle o segundo apartado do devandito art. 47, e que sinala explícitamente que serán obxecto de negociación colectiva no ámbito correspondente. Pois o ámbito correspondente en Galicia será obviamente a Consellería e maila Dirección Xeral de Xustiza.
Por ultimo, sinalar que a Consellería fixo unha importante inversión en portátiles e outro hardware que este sindicato recoñece, e que, agora de improviso e sen motivación lóxica, quedarían en desuso ou abandoados nun almacén sin aproveitamento nin utilidade algunha.
En base a todo iso, solicitamos desa Dirección Xeral unha convocatoria urxente para proceder a negociar a normativa que regule dunha vez por todas o teletraballo, para poder dar resposta áxil á cidadania, cun servizo adecuado e unhas condicións para o persoal da administración de xustiza que permitan a conciliación que tan mediáticamente se encarga o Ministerio de propagar por distintos medios de comunicación.
Si Madrid non é quen de arranxalo, teremos que facelo en Santiago.