CSIF volve reiterar que, dunha vez por todas, se instale un sistema de aire acondicionado no edificio da Audiencia Provincial de Lugo.
- Otros artículos
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
26 de mayo de 2023

Dende CSIF insistimos na necesidade de implantar un sistema de aire acondicionado no edificio da Audiencia Provincial de Lugo, petición feita á Dirección Xeral de Xustiza o 3 de febreiro do ano en curso así como ao Comité de Seguridade e Saúde, o 24 de febreiro. Agora, volvemos reiterar á petición tanto á DXX como ao Comité de Seguridade e Saúde, sen perxuízo de adoptar outras medidas se non se atende esta reivindicación. Agás o andar cuarto, as salas de vistas e os corredores, o resto do edificio carece de aire acondicionado, algo que non é de recibo nun edifico público e no século no que estamos. A situación vaise agravar de cara ao verán e pode chegar a producir estrés térmico pois xa estamos vendo situacións de agobio nalgúns compañeiros/as algúns días de calor.
O Real Decreto 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as disposición mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, prevé o seguinte:
“1. La exposición a las condiciones ambientales de los lugares de trabajo no debe suponer un riesgo para la seguridad y la salud de los trabajadores.
2. Asimismo, y en la medida de lo posible, las condiciones ambientales de los lugares de trabajo no deben constituir una fuente de incomodidad o molestia para los trabajadores. A tal efecto, deberán evitarse las temperaturas y las humedades extremas, los cambios bruscos de temperatura, las corrientes de aire molestas, los olores desagradables, la irradiación excesiva y, en particular, la radiación solar a través de ventanas, luces o tabiques acristalados.
3. En los locales de trabajo cerrados deberán cumplirse, en particular, las siguientes condiciones: a) La temperatura de los locales donde se realicen trabajos sedentarios propios de oficinas o similares estará comprendida entre 17 y 27 ºC.”
Polo exposto, dende CSIF reivindicamos que é necesario que se implemente un sistema de aire acondicionado á maior brevidade pois do contrario, pode chegar a producirse a paralización da actividade laboral por risco debido ás condicións nas que se realiza o traballo e incluso acudir a outras vías previstas na lexislación vixente.