Reunión coa Dirección Xeral de Xustiza.

  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

4 de mayo de 2023

O pasado día 2 de maio, CSIF (Central Sindical e Independente de Funcionarios/as) mantivo unha reunión coa Dirección Xeral de Xustiza e na mesma tratáronse os seguintes temas:

-Traxectoria profesional: Dende CSIF queixámonos de que o curso de iniciación e perfeccionamento de lingua galega non contase para o recoñecemento extraordinario do grao II, o que aínda resulta máis gravoso cando temos coñecemento de que sí se recoñece ao persoal funcionario da Xunta. Así, aparte de expresar a nosa queixa in situ, dende CSIF presentamos escrito solicitando que sí se recoñeza porque, do contrario, resultaría unha discriminación co resto do persoal da Administración e que se sumaría a outras carencias que ten a regulación normativa da traxectoria profesional.

Neste mesmo senso, tamén solicitamos información sobre cando se prevé a negociación do acceso ordinario da traxectoria pois estase perxudicando ao persoal que chega á Galicia nos concursos de traslados e cumpre os requisitos que se esixen para acceso aos graos. A DXX contestou que non teñen unha data concreta pero que, de momento, o ven complicado polas eleccións e polos procesos selectivos de corpos xerais.

-Gardas de 24 horas nos xulgados de instrución de A Coruña e Vigo. A pesar da perseverancia de CSIF dende hai moito tempo e a través de diferentes medios, a DXX segue na liña de que non é posible a súa implantación e que para eles é prioritaria a creación de órganos. En todo caso, serían partidarios de instaurar primeiro as gardas de 24 horas de forenses antes que as dos xulgados.

-Persoal colaborador nos procesos selectivos de corpos xerais convocados pola Orde JUS/1254/2022, de 7 de diciembre: Insistencia novamente de CSIF en que non é de recibo que non se teña en conta ao persoal da Administración de xustiza para o desenvolvemento dos procesos selectivos do noso ámbito. Por parte da DXX aducen razóns organizativas para non contar con persoal da nosa Administración.

-Teletraballo: Seguimos coa regulación prevista na Resolución do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que, dando traslado ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia da Orde JUS/504/2020, do 5 de xuño, se regula a fase 3 do Plan de desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19. Neste senso, non se prevén cambios a curto prazo porque o Consello de Estado manifestou que se ten que regular por lei.

-Entrega de portátiles: Están rematando de repartir nos IMELGA, luego farano nos equipos psicosociais e despois nos xulgados mixtos.

-Dixitalización salas de vistas: Previsto que estén todas dixitalizadas a 31 de decembro de 2023.

-Protocolo de acoso sexual: Darannos traslado en breve para alegacións. Este protocolo sumarase á regulación do protocolo de acoso laboral, xa publicado.

-Bolsa de médicos/as forenses: Seguen coa redacción.

-Acceso ao Visor en oficinas de decanato: Ten que ser o/a LAX quen o autorice pero a DXX comprometeuse a mediar cos secretarios/as coordinadores. Nesta liña, tamén reiteramos a necesidade de que os profesionais do ámbito xudicial poidan acceder ao visor e que se lle dé celeridade a esta cuestión.

Asimesmo, pedimos que se permita o acceso ás gravacións dos XVSM dende os xulgados de garda.

-Actualizacións programa Minerva: Dende CSIF reiteramos que é necesario actualizalo pois hai incluso denominacións que non se corresponden coa normativa vixente, ademáis da súa lentitude. Pola DXX contestan que é responsabilidade do Ministerio la actualización, si bien cuando la actualización llega a la dxx se procede a su revisión para que se utilicen las correctas nomenclaturas, de ahí que la actualización no vaya acorde con la del Ministerio.

- Obras no Rexistro civil da Coruña: Trasládesenos que se ten previsión de comezo a principios do mes de xuño.

- Xulgado de garda da Coruña: Estase traballando para poder establecer, tal e como se pediu dende CSIF, unha sala de espera ao público, aseo público e sala de vistas.

- Porta dos calabozos do Xulgado de garda de A Coruña: Trasládase a necesidade de arranxar e reforzar os marcos.

- Prazas de aparcamento: Reiteróuselle a necesidade do sorteo das prazas de aparcamento do edificio da rúa Capitán Juan Varela e de Tabacos e púxoselle en coñecemento o escrito dirixido tamén á Xefatura territorial. Neste punto a DXX trasládanos que se puxo en contacto coa xefa territorial da Coruña e que en breve se procedera ao sorteo.

- Ascensor de Instancia 5 de Ferrol: Trasládanos que consta arreglado e efectivamente está confirmado.

- Cableado do Xulgado de Instancia 13 da Coruña: Reitérase que a día de hoxe aínda está o cableado sen solucionar.

- Xulgado de Ortigueira:  Pendente tamén de dar solución ao cableado a pesar de terse solicitado en xaneiro de 2023.

Nestes dous últimos puntos dase traslado ao Subdirector de medios para que se solucione o antes posible. .

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR