CSIF fai un requerimento ao Conselleiro de Xustiza para que cumpra o Acordo da Comisión Permanente do CXPX e se implanten as gardas de 24 horas en A Coruña e Vigo.

  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

24 de marzo de 2023

CSIF dirixiuse novamente ao Vicepresidente e Conselleiro de Xustiza, baixo apercibimento de poder incurrir nun delito de prevaricación omisiva, para interesar a execución do Acordo da Comisión Permanente do CXPX adoptado o 8 de abril do ano 2021, favorable á posta en marcha dos novos turnos en A Coruña e Vigo coa implementación do servizo de gardas de 24 horas, todo iso en base a unha serie de motivos que o xustifican e que se poden ler no escrito presentado que achegamos como adxunto.

Con isto, esta central sindical suma unha nova acción en prol da consecución das gardas de 24 horas para A Coruña e Vigo, unha reivindicación que se iniciou fai anos e na que seguiremos loitando ata ver a súa materialización.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR