A Comisión Mixta propón ao Ministerio de Xustiza a creación de nove órganos xudiciais en Galicia.

  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

22 de marzo de 2023

Na páxina web do CXPX, no relativo ao TSX de Galicia, publicouse unha nota de prensa http://https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Galicia/En-Portada/La-Comision-Mixta-propondra-al-Ministerio-de-Justicia-la-creacion-de-nueve-nuevos-organos-judiciales-en-Galicia na que se recolle que a Comisión Mixta de Xustiza propuxo a creación dos seguintes xulgados e por esta orde:

-Xulgado de Violencia sobre a Muller en Santiago, con competencia comarcal (Negreira, Ribeira e Padrón).

-Unha praza de maxistrado/a na Sección Segunda da Audiencia Provincial de A Coruña.

-Unha praza de maxistrado/a na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.

-Xulgado de Primeira Instancia en A Coruña.

-Xulgado de Primeira Instancia en Ourense.

-Xulgado do Contencioso-administrativo en Santiago.

-Xulgado do Social en Ferrol.

-Xulgado Mixto en Vilagarcía.

-Xulgado Mixto en Viveiro.

-Xulgado Mixto en Ribeira.

-Xulgado Mixto en Carballo.

Dende CSIF apoiamos a creación de todos eles e celebramos que se recolla por primeira vez a necesidade de creación doutro xulgado en Carballo, pedida por CSIF de forma insistente, pero seguimos sen entender por qué os xulgados mixtos quedan sempre para o final. Na nota de prensa aludese a que "De las unidades que la Sala de Gobierno del TSXG considera necesarias para la comunidad, se han priorizado las que tienen mayor carga de trabajo estructural, es decir, no motivada por una situación coyuntural, que puede ser solucionada a través de refuerzos temporales, y cuya pendencia es más elevada",  pero hai que ter en conta que en todos estes partidos xudiciais de Vilagarcía, Viveiro, Ribeira e Carballo non é algo temporal que se solvente con reforzos temporais, como viñemos denunciando dende CSIF nos últimos anos tendo como base os datos do CXPX. 

Asi mesmo, cremos que debería tamén incluirse xa nesta proposta a ampliación dos Xulgados de Violencia sobre a Muller a todas as cidades de Galicia nas que non hai órganos deste tipo excluíntes.

En consecuencia, presentamos escrito á Comisión Mixta do TSXG con estas reivindicacións.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR