Queixas letrado sustituto do Xulgado de Violencia de A Coruña.
- Otros artículos
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
24 de febrero de 2023

Dende CSIF diriximos escrito ao Ministerio de Xustiza para trasladar unha nova queixa pola actitude do letrado sustituto do Xulgado de Violencia de A Coruña, que se suma ao escrito presentado ao Comité de Saúde, á Letrada Coordinadora e ao TSXG.
A actitude deste letrado continúa sendo inaceptable con actos hostís, humillacións, prepotencia e perturbando o exercicio das labores na oficina, provocando que o persoal funcionario teña cadros de ansiedade e estrés, que poden derivar en baixas laborais a curto prazo.
Dende CSIF non podemos consentir esta situación de maneira sistemática e por ese motivo instamos unha solución o máis axiña posible pois non hai que esquecer que o acoso laboral ou mobbing (tamén coñecido como bossing cando é exercicido por un superior xerárquico) é unha forma de violencia psicolóxica no traballo, consistente nunha conducta vexatoria ou intimidatoria de carácter inxusto, reiterada no tempo e que ten como efecto unha importante degradación das condicións de traballo.
Achegamos todos os escritos presentados.