DOG: Convocatoria bolsa de interinos de Xustiza en Galicia
- Empleo
- Ofertas y bolsas de trabajo
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Interino
8 de febrero de 2022
No DOG de 08/02/2022, publicouse a Resolución do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, regulada pola Orde de 4 de outubro de 2018 que foi modificada nalgúns extremos pola Orde do 30 de novembro de 2021.

-O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
-As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
-Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro considerado válido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia). Para o suposto de non contar con usuario, farase uso da opción habilitada na OPAX para o rexistro de novos usuarios. No dito sitio web disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as persoas interesadas poderanse dirixir á Dirección Xeral de Xustiza, a través do correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Unha vez que se acceda á OPAX, a persoa solicitante deberá seleccionar a opción correspondente á solicitude de inclusión nas bolsas de persoal interino e cubrir todos os
campos requiridos, indicando as bolsas a que se presenta, provincia/s, corpo/s e zona/s de preferencia.
-Os datos que, de ser o caso, consten no sistema informático de xestión de persoal da Administración de xustiza en Galicia aparecerán precargados.
-A persoa solicitante, despois de comprobar que todos os datos son correctos, deberá asinar e presentar a solicitude e xuntar, de ser o caso, a documentación acreditativa dos requisitos e méritos alegados. Para poder asinar e presentar a solicitude, deberase dispor dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro considerado válido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia).
O sistema asignará un código que acreditará a presentación electrónica, e será posible obter do sistema un xustificante desta.
-Non se admitirán as solicitudes que sexan presentadas por outro medio distinto ao sinalado neste artigo. Tampouco se admitirán as solicitudes en estado de borrador
-Unha vez presentada a solicitude, se a persoa solicitante non está conforme cos datos presentados pode, se o desexa, presentar unha nova solicitude dentro do prazo de presentación sinalado no número 1 deste artigo; neste caso, só será válida a última das solicitudes presentadas de conformidade con este artigo e quedará anulada calquera outra solicitude presentada anteriormente.
-Todas as persoas aspirantes a formar parte das bolsas de interinos deberán presentar a correspondente solicitude con indicación dos corpos a que queiran optar, con independencia de que formen parte de bolsas anteriores ou de que estean prestando servizos nos órganos da Administración de xustiza de Galicia. En caso contrario, non serán incluídas de oficio pola Administración nas novas bolsas.