Convocados cursos de linguaxe xurídica galega

  • Idiomas
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

7 de febrero de 2022

No DOG de hoxe, publícase a Resolución do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 e tamén se publica a Resolución do 4 de febreiro pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Para o persol destinado fóra da Comunidade Autónoma:

-Convócase un curso de linguaxe xurídica galega nivel medio e un superior na modalidade de teleformación

-O número de prazas de cada curso será de 25.

 -Os cursos van dirixidos a maxistrados/as, xuíces, fiscais, secretarios/as xudiciais, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que, na data desta resolución, se atopen en situación de servizo activo (incluído permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

-O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia é ata o 17 de febreiro de 2022.

 

Para o persoal destinado na Comunidade Autónoma:

-Convócanse trinta cursos de linguaxe administrativa galega e cinco de linguaxe xurídica galega.

-O número de prazas por curso será de 25.

-Os cursos van dirixidos aos empregados públicos e ás empregadas públicas destinados/as nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario galego, que se atopen en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou do proxenitor distinto da nai biolóxica por nacemento, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar). Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da policía e de bombeiros de Galicia e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

-O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 17 de febreiro de 2022

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR