CSIF presenta alegacións ás RPTs de Fiscalía.

  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

14 de noviembre de 2022

Desde CSIF queremos poñer de manifesto, unha vez consultada a resolución do 1 de xullo de 2020 da Direción Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de Xustiza na Comunidade Autonóma de Galicia, unha serie de carencias que deben ser emendadas o máis axiña posible en canto ao posto singularizado de Responsable de Estatística, Rexistro e calidade, tendo en conta que en próximas datas se vai proceder a unha nova negociación e aprobación da devandita resolución.

Como dicimos, na RPT referida a este posto de traballo obsérvase que non cabe a posibilidade de realizar gardas, sendo un posto que pola súa definición e características conleva máis responsabilidades así como un maior número de requisitos para acceder ao mesmo.

Por iso, consideramos indispensable que na nova reforma se modifiquen as características do devandito posto, outorgándolle a posibilidade de realizar as correspondentes gardas, así como que se incremente o complemento específico tendo en conta que se procedeu á dixitalización de todos os expedientes xudiciais, o que conleva unha maior carga de traballo á inicialmente contemplada, como xa se realizou no complemento específico do responsable de coordinación na última reforma operada, sendo o complemento inicial 6481,33 e o finamente aprobado de 10038,48 euros.

Doutra banda, como xa reiteramos en anteriores escritos, insistimos na necesidade de que a praza de Secretaria/o do Fiscal Xefe sexa incluída na RPT da Fiscalía sexa provista soamente entre empregados/as públicos da Administración de Xustiza, sen posibilidade de acceso doutras administracións, e coa consecuente posibilidade de realización de gardas.

Esta posibilidade de realización de gardas debe facerse extensible aos outros dous postos, tanto o singularizado como o de libre designación, existentes en cada unha das Fiscalías da Comunidade Autónoma de Galicia, referendándose esta petición tendo en conta que nas RPTs doutras comunidades como Aragón, Andalucía , Valencia, etc, xa se recolle todo o solicitado.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR