Deficiencias e riscos no Rexistro Civil da Coruña
- Otros artículos
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Funcionario
- Interino
27 de octubre de 2022

O Delegado de Prevención de CSIF remitiu escrito, que se achega, ao Comité de Seguridade e Saúde, así como ao servizo de Prevención de Riscos polas deficiencias e riscos que se detectaron para a seguridade e saúde do persoal funcionario con destino no Rexistro Civil exclusivo da Coruña e que se relacionan a continuación co consecuente incumprimento do plan de prevención de riscos:
1.-A parte de abaixo onde se sitúa o mostrador carece de espazo suficiente na área de traballo dos persoal funcionario e, por conseguinte, non reúne os metros previstos na lei de prevención de riscos. A falta de espazo e a altura do plano de traballo, combinados entre si ou con outros factores, adoitan producir a adopción de posturas forzadas de todo o corpo ou dunha parte do mesmo.
2.- Na mesma parte do mostrador, ao fondo, existe unha iluminación inadecuada no espazo de traballo, teñen un único punto de luz (con pouca visibilidade) e ademais carecen de ventilación.
3.-Teñen colocadas as impresoras á altura da cara e iso provoca que os funcionarios e funcionarias teñan que tapar os ocos de saída do aire que desprenden. Ademais, as impresoras instaladas só escanean por unha cara e a unha folla, non sendo válidas para os impresos do Rexistro Civil que deben ser escaneados a varias caras e, por iso solicítase a súa substitución o máis axiña posible.
4.-Falta de limpeza nos cristais do edificio, o espazo interior do arquivo e as oficinas en xeral.
Segundo a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais e o o Real Decreto 488/1997, do 14 de abril establécese que o posto de traballo deberá ter unha dimensión suficiente e estar acondicionado de tal maneira que haxa espazo suficiente para permitir os cambios de postura e movementos no traballo. A iluminación dos lugares de traballo deberá permitir que os traballadores e traballadoras dispoñan de condicións de visibilidade adecuadas para poder circular polos mesmos e desenvolverse neles.