Bolsa de persoal interino de Galicia: Recordatorio sobre a suspensión de chamamentos e o procedemento de nomeamento.
- Empleo
- Ofertas y bolsas de trabajo
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Interino
20 de octubre de 2022
Ante varios expedientes de exclusión da bolsa de persoal interino e para evitalos, dende CSIF recordamos o procedemento a seguir para solicitar a suspensión da bolsa e tamén cómo é o procedemento para a aceptación das prazas que se van ofertando.

-SUSPENSION DE CHAMAMENTOS: Prazo de cinco días hábiles tras a publicación das listaxes por correo electrónico ante a xefatura territorial correspondente nos casos en que a persoa interesada estea traballando, agás os que están traballando neste momento a través da antiga bolsa e os que foron chamados a través do servizo público de emprego. Isto sen prexuízo de que se poida acreditar, con posterioridade, algún dos supostos recollidos no artigo 16 da Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 4 de outubro de 2018, sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia e que son: incapacidade temporal xustificada, maternidade, coidado de fillos/as menores de tres anos de idade ou dun familiar ata o segundo grao que non poida valerse por si mesmo, adopción ou acollida, casos de violencia sobre a muller e actividade profesional no sector público ou privado.
-PROCEDEMENTO PARA O NOMEAMENTO DE PERSOAL INTERINO: Regulado no artigo 20 da Orde do 4 de outubro de 2018 e que non foi modificada neste aspecto pola Orde do 30 de novembro do 2021. Os pasos a seguir son:
O proceso de selección e chamamento de candidatos, así como da aceptación por estes das prazas ofertadas, será telemático. Este proceso divídese en tres fases:
a) Anuncio da oferta de prazas e chamamento de candidatos. Os mércores –ou, de non poder ser, o día seguinte hábil–, ata as 14.00 horas, publicarase a relación de prazas que, autorizadas para a dotación con interino, fosen solicitadas ata as 9.00 horas do día hábil anterior, coa indicación de se se trata dunha praza vacante, de reforzo ou desocupada, así como tamén do motivo da desocupación. Así mesmo, publicarase a relación de persoas preseleccionadas para cubrir aquelas segundo a orde de prelación que resulta do artigo 10 desta orde, cunha ratio de dúas persoas por cada praza ofertada.
Esta ratio de dúas persoas só se respectaría no caso de que haxa cando menos un candidato da zona de preferencia correspondente para cada unha das prazas ofertadas. Nos demais casos, e para garantir a cobertura das prazas, o sistema informático seleccionará as seguintes persoas dispoñibles dentro da respectiva bolsa de acordo coa súa posición, ata chegar á primeira que asegure o chamamento. De non haber ningún candidato da zona de preferencia da praza ofertada, atenderase ao fixado no punto 3 da disposición adicional segunda desta orde, ata que se regularice a situación.
A publicación realizarase a través do portal de servizos web OPAX, accesible desde a web da consellería competente en materia de xustiza na forma prevista no punto 3 deste artigo.
b) Aceptación de prazas ofertadas. As persoas incluídas na relación de preseleccionadas disporán dun termo, que irá desde a publicación ata as 14.00 horas do día seguinte hábil, para cumprir coa obriga de comunicar a aceptación de prazas (establecendo entre elas a orde de preferencia no caso de aceptar varias) ou para manifestar expresamente o seu rexeitamento da oferta. A comunicación de cada participante deberá conter, como mínimo, todas as prazas que sexan da súa zona de preferencia. A aceptación será obrigatoria para a zona de preferencia, sendo soamente posible modificar a orde de preferencia na elección. De non comunicar a súa participación, e aínda que as prazas sexan cubertas polos outros participantes, entenderase que rexeita a oferta e, polo tanto, será excluído da bolsa. Esta comunicación realizarase electronicamente a través do portal de servizos web OPAX. De non se efectuar a comunicación da aceptación antes de que venza o dito termo, considerarase que a persoa preseleccionada non acepta ningunha das prazas ofertadas.
c) Publicación das persoas seleccionadas. Os luns –ou, de non poder ser, o día seguinte hábil–, ata as 14.00 horas, publicarase a relación de prazas que foron autorizadas para dotación de interinos e as persoas que resultaron seleccionadas.
Desde a publicación das persoas seleccionadas, estas disporán dun prazo máximo de tres días hábiles para tomaren posesión ante a xefatura territorial competente, en cuxo momento presentarán, como requisito inescusable, os seguintes documentos: declaración responsable ou documento xustificativo de non teren sido condenadas por delito doloso a penas privativas de liberdade maiores de tres anos, a non ser que obtivesen a cancelación dos antecedentes penais ou a rehabilitación; declaración responsable ou documento xustificativo de non teren sido separadas, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración pública, e de non estaren inhabilitadas para o desempeño das funcións públicas, agás que fosen debidamente rehabilitadas; declaración responsable de non se acharen incursas en causa de incompatibilidade para o exercicio da función pública na Administración de xustiza; certificado médico, emitido en data non anterior aos tres meses precedentes, que acredite que non padecen defecto físico ou enfermidade psíquica ou física que as incapacite para o desempeño do posto de traballo ao que se opta; para aqueles postos en que así se determine, declaración responsable de que non foron condenadas en sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexuais.
Nos supostos en que a necesidade de cobertura dun posto non fose previsible coa antelación suficiente, ou cando polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos debidamente acreditadas sexa necesaria a súa cobertura de forma urxente para evitar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público, o chamamento poderase realizar telefonicamente desde o momento en que se produza a necesidade. O chamamento seguirá a orde da bolsa. O prazo para tomar posesión nestes nomeamentos urxentes será de 24 horas desde a comunicación telefónica coa persoa interesada, quen deberá presentar, no prazo de tres días contados desde a toma de posesión, a documentación correspondente.