Contido da reunión de CSIF co novo Director Xeral de Xustiza

  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

8 de julio de 2022

No día de onte, mantivemos unha reunión co novo director xeral de Xustiza, D.  José Tronchoni, coa finalidade de abordar diferentes temas relativos as gardas de Vigo e A Coruña, expediente dixital, novos xulgados, traxectoria profesional, actualización do Cat, salas de videoconferencias, regulación da figura do formador/a e, por último, teletraballo que ampliamos  máis polo miúdo de seguido.   

- Comezamos comentando a necesidade de implantar xa as gardas de 24 horas en Coruña e Vigo, e neste punto insiste en priorizar a creación de novos xulgados do orden civil ante as gardas de 24 horas mostrando tamén disconformidad co informe elaborado no seu día polo CXPX.

- No que atinxe ao expediente dixital, insitimos na necesidade dunha formación presencial,  xa que ainda que non se trata dun expediente electrónico, sí consideramos imprescindible certa formación, manifestando neste punto o seu apoio, se ben tamén indicou a necesidade de que nos impliquemos todos, tanto  operadores como usuarios.

-Tamén sería moi necesario a figura dos formadores, a fin de que os novos compañeiros teñan coñecemento do programa e rexistros, ou, noutro caso, incentivar económicamente a quen o faga voluntariamente no propio xulgado, mostrándose disposto a estudalo.

-Fixemoslle saber a necesidade de novos Xulgados en Carballo, Viveiro, Ribeira, Vilagarcia, así como de Violencia e Penais, sobre todo en Ourense, recoñecendo a súa necesidade, se ben ao entrar en xogo varias administracións,  mentres non se acade ese obxectivo, suplirase con reforzos, apoios e/ou prolongación onde sexa necesario.

- Insistimos en que hai que abrir xa e dunha vez o prazo para que os titulares que reúnan os requisitos e os que veñen no concurso  poidan cobrar a traxectoria profesional, así como os interinos, xa que aínda que gañamos por sentencia o seu dereito, o estar recurrido no TS non hai esa posibilidade, polo momento.

 - Lembrámoslle tamén a falta de actualización do CAT de xestores e médicos forenses dende xaneiro de 2022.  

 - Sinalamos a problemática das videoconferencias e insistimos na necesidade de instalación de novas salas de videoconferencias nos xulgados mixtos. Neste punto está de acordo e manifesta a súa conformidade en instalar unha segunda sala de videoconferencias onde poder levar a cabo os actos de comunicación pertinentes e axilizar o trámite e sempre que haxa espacio para a súa instalación.

 - No relativo ao teletraballo,  reiteramos a urxencia de proceder ao reparto dos ordenadores portátiles a xestores e tramitadores que solicitaron o teletraballo,  xa que e unha obviedade que sen eles, aínda que o teñan concedido,  a maioría dos compañeiros/as non poderán desenvolvelo. 

 - No referente ao Rexistro Civil exclusivo da Coruña trasladouselle a necesidade dun cambio de ubicación ás dependencias libres e disponibles na antiga Fábrica de tabacos, xa que co novo sistema DICIREG o edificio onde está ubicado non se adapta o sistema e modelo actual (neste punto presentouse tamén o correspondente escrito)

                        

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR