CSIF solicita a reubicación do Rexistro Civil Exclusivo de A Coruña ás dependencias da antiga fábrica de tabacos

  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

8 de julio de 2022

Dende CSIF remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza para trasladarlle unha reivindicación do persoal do Rexistro Civil Exclusivo de A Coruña tendo en conta a entrada en funcionamento, en breve, do novo sistema DICIREG.

Poñemos no seu coñecemento que a sala de vodas non ten ventilación e que se ecoita todo o que ocorre no mostrador, incluso si se producen queixas ou gritos, o que resulta incómodo e inapropiado para os contraentes e o persoal funcionario.

A parte baixa do Rexistro Civil consta dun mostrador onde os funcionarios e funcionarias atenden ao público e tamén realizan as inscripcións. Por este motivo, no futuro e co novo sistema, non se vai poder atender ao público máis que por dúas persoas, o resto terá que estar facendo incripcións e, coa tranquilidade que iso require e nun mostrador onte aparece público constante, esta labor é imposible.

Ademais, no sistema DICIREG deberán formarse equipos de xestores e tramitadores e a actual división do edificio non o permite.

Por todo isto, dende CSIF propoñemos unha permuta de edificios: que se fagan as xestións oportunas co Concello de A Coruña para que se permute o actual edificio da praza de Vigo polos tres mil e pico metros que teñen no edificio xudicial da fábrica de tabacos.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR