CSIF solicita que se remate coa discriminación do Xulgado mixto número 1 de Vilalba

  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

6 de julio de 2022

Dende CSIF remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza, que achegamos, para apoiar unha reivindicación que consideramos xusta e que xa non é a primeira vez que denunciamos. Tratase da discriminación que sofre o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Vilalba no sentido de que é o único xulgado de Galicia que conta cunha única praza de xestión procesual e administrativa tendo en conta o grupo de población.

En consecuencia, consideramos procedente que, previo informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, se leve a cabo a modificación da plantilla no sentido de que pase a estar formado por dous funcionarios ou funcionarias do corpo de xestión e non por un como ata o de agora.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR