Creación de prazas xudiciais e fiscais en Galicia.

  • CSIF Informa

18 de noviembre de 2026

Publicouse no BOE o Real Decreto 996/2026, de 16 de novembro, de creación de cincocentas unidades xudiciais correspondentes á programación de 2027 e de adecuación da planta xudicial. 

En Galicia créanse 19 prazas xudiciais: 

- Unha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 5.ª da Audiencia Provincial da Coruña, correspondente á orde civil.

- Unha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 2.ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, correspondente á orde penal.

- Praza número 17 da Sección Civil do Tribunal de Instancia da Coruña.

- Praza número 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Ferrol.

- Praza número 6 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Lugo.

- Praza número 5 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Pontevedra.

- Praza número 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela.

- Praza número 12 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo.

- Praza número 4 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Ponteareas.

- Praza número 4 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Vilagarcía de Arousa.

- Praza número 3 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Viveiro.

- Praza número 8 da Sección do Social do Tribunal de Instancia da Coruña.

- Praza número 3 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Ferrol.

- Praza número 5 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Lugo.

- Praza número 5 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Ourense.

- Praza número 5 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Pontevedra.

- Praza número 8 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo.

- Unha praza da Presidencia do Tribunal de Instancia da Coruña, liberada de carga de traballo.

- Unha praza da Presidencia do Tribunal de Instancia de Vigo, liberada de carga de traballo.

  • Transformación de prazas da Sección de Instrución en prazas da Sección de Violencia sobre a Muller: 

- A praza número 8 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia da Coruña, en funcionamento, transfórmase na praza número 2 da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia da Coruña.

- A praza número 8 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Vigo, en funcionamento, transfórmase na praza número 2 da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Vigo.

  • Determinación das agrupacións de partidos xudiciais para o coñecemento dos asuntos atribuídos ás Seccións de Violencia sobre a Muller.

A Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Pontevedra estende a súa xurisdición aos partidos xudiciais de Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Lalín, Cambados, Caldas de Reis e Marín desde o 1 de xuño de 2027.

DATAS NAS QUE ENTRARÁN EN FUNCIONAMENTO AS NOVAS PRAZAS XUDICIAIS E FISCAIS:

- 31 de decembro de 2027

2 prazas das Audiencias Provinciais

As novas prazas de Ponteareas, Vilagarcía de Arousa e Viveiro

9 prazas de fiscais

-1 de xuño de 2028

As novas prazas dos Tribunais de Instancia da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, incluídas as presidencias da Coruña e Vigo.

- 1 de novembro de 2028

As novas prazas de Ferrol: Civil nº 7 e Social nº 3.

 

Así mesmo, publicouse o Real Decreto 995/2026, de 16 de novembro, polo que se amplía e modifica o cadro de persoal orgánico do Ministerio Fiscal para adecualo ás necesidades existentes.

En Galicia créanse as seguintes prazas:

  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial da Coruña.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de Santiago de Compostela.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de Ferrol.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Lugo.
  • Unha praza de segunda categoría na Sección Territorial de Mondoñedo.
  • Unha praza de segunda categoría na Sección Territorial de Monforte de Lemos.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Ourense.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Pontevedra.
  • Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de Vigo

Dende CSIF seguiremos insistindo en que toda nova creación de praza xudicial e fiscal debe levar aparellada á corresponde dotación de persoal funcionario.

https://boe.es/boe/dias/2026/11/17/pdfs/BOE-A-2026-24004.pdf

https://boe.es/boe/dias/2026/11/17/pdfs/BOE-A-2026-24003.pdf

COMPARTIR