CSIF solicita que se modifique a RPT das Fiscalías e se incrementen as contías para os postos de estatística, rexistro e calidade e para o de coordinador/a
- CSIF Informa
17 de noviembre de 2026
Dende CSIF remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza a fin de poñer en coñecemento a situación de agravio comparativo que se ven dando dende a implantación da Numo nos TI de Galicia.
Coa creación das Xefaturas de Areas e de Equipos, o complemento específico que se percibe por estos postos e que responde ás características particulares do traballo, tales como a especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, incompatibilidade, perigosidade ou penosidade. Asignase ao posto, non á persoa, e ten que vir reflectido na Relación de Postos de Traballo. Polo tanto, todolos postos nos que concurran as mesmas circunstancias determinantes deste tipo de complemento e coa mesma intensidade deberán telo con igual dotación.
No presente caso, e segundo o indicado no cadro das RPT dos TI de Galicia, os complementos específicos para cada un dos postos de Coordinador e Responsable de Estatística, Rexistro e Calidade, son os seguintes:
|
Tipo de posto |
Complemento específico mensual (euros) |
|
Coordinador/a responsable I (A2) |
1.106,57 |
|
Coordinador/a responsable II (A2) |
1.079,87 |
|
Coordinador/a responsable III (A2) |
1.053,13 |
|
Responsable estatística, rexistro e calidade I (A2) |
1.026,40 |
|
Responsable estatística, rexistro e calidade I (C1) |
991,13 |
|
Responsable estatística, rexistro e calidade II (A2) |
999,71 |
En aras de establecer un marco comparativo, reflictimos de seguido os complementos correspondentes as Xefaturas de Equipo de Auxilio Xudicial:
|
Tipo de posto |
Complemento específico mensual (euros) |
|
Auxilio xudicial-Xefatura de equipo Actos de comunicación (III-A) |
1205,12 euros |
|
Auxilio xudicial-Xefatura de equipo (III-A) |
1.038,54 |
No que atinxe as Xefaturas de Area, que consideramos son semellantes por tipoloxía, corpo e dificultade, o complemento especifico elevase ata:
|
Xestión - Xefatura de Área Actos de Comunicación |
13.647/1137,25 euros |
Por tanto, visto o evidente agravio económico comparativo dentro destes postos singularizados, consideramos e solicitamos que A MAIOR BREVIDADE SE MODIFIQUE A RPT E SE INCREMENTEN AS CONTIAS ATA ESE CANTIDADE TANTO PARA OS POSTOS DE ESTADISTICA COMO DE SECRETARIA COORDINADORA, éste último na proporción correspondente.
No seu momento xa plantexou o incremento deste complemento específico nas Fiscalías, defendido no seu intre na comisión mixta de data 3 de Xullo polos fiscais Xefes e Fiscala da Comunidade.
O seu traballo non é só con números como alega a administración, xa que traballan con todos os Fiscais e funcionarios, sendo os responsables da formación de Fortuny “extraoficialmente”, incluso coa confección do ITER de traballo, con dous roles distintos ademáis, un como Administrador e outro como Tramitador a fin de poder realizar xestións que antes soamente era posible polo CAU, como eliminación de resolucións ou dictámes ou incluso procedimentos.
Por outra banda, e tal e como ordea a Fiscalía Xeral do estado, para acreditación da productividad de Fiscais, teñense en conta os rexistros de Fortuny xunto cos das distintas Fiscalias. Se non coinciden ambolos dous, o responsable e o fucnnionario de Estadística que ten que controlar que ambas coincidan exactamente, xa que a consecuencia sería que os Fiscais non perciban a productividade. A maior abundamente e como é obvio, tamen teñen que realizar as funcións correspondentes o corpo o que pertencen de Tramitación ou Xestión.
A sua vez tamén se lles emprega como especialistas en informática tendo que resolver ou realizar todo lo que teña que ver con algún programa que se utiliza nas fiscalías (CRIS, FORTUNY, EXP GUBERNATIVOS, LEXNET, VISOR, ACCEDA, PORTASINATURAS, SAP LOGON, VICTIMAS, XEISER, SIRAJ 2, EFIDELIUS, ETC), así como ser enlace con AMTEGA e coas distintas seccions dos T.I. etc