BOLSAS DE INTERIDADES E SUBSTITUCIÓNS

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

21 de octubre de 2020

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES, profesores técnicos FP e corpo de profesores de música e artes escénicas

 

INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.

Listas convocadas: 

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

  • 590004 Lingua castelá e literatura
  • 590010 Francés
  • 590124 Sistemas electrónicos
  • 590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591):

  • 591202 Equipamentos electrónicos
  • 591204 Fabricación e instalación de carpintería e moble
  • 591206 Instalacións electrotécnicas

3. Corpo de mestres (597)

  • 597033 Lingua estranxeira francés

4. Corpo de profesores de música e artes escénicas(594). As especialidades convocadas son:

  • CLAVE (594405)
  • CONTRABAIXO (594406)
  • PERCUSIÓN (594422)

 

Como cubrir a solicitude de inscrición:

 

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través deste ligazón e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 22 de outubro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

 

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

Convocatorias 

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32181

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32185

 

Titulacións que dan acceso ás listas: AQUÍ  (ver tamén rosolución para ver os requisitos específicos)

 

 

COMPARTIR