DOG: Publicada a convocatoria da traxectoria profesional.

  • Empleo
  • Retribuciones
  • Otros artículos
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Cuerpos Especiales de Justicia
  • Cuerpos Generales de Justicia
  • Funcionario
  • Interino
  • Otros Cuerpos de Justicia

18 de noviembre de 2022

Lembramos tamén que grazas á primeira sentencia do TSXG gañada por CSIF de data 27/10/2021, é posible que a traxectoria profesional sexa aplicable a todo o persoal e que grazas ás alegacións de CSIF se acurtan os prazos para a consolidación dos graos.

Aínda así, seguiremos insistindo en determinadas melloras nos distintos acordos de desenvolvemento da traxectoria que se vaian sucedendo para que ésta sexa o máis equitativa posible para todo o persoal.

No DOG de hoxe publicouse a Resolución do 17 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba o Acordo do 14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.

En consecuencia, abrese o prazo para solicitar o grao I para todos os corpos e o grao II para persoal de auxilio e tramitación nos 15 días hábiles seguintes a contar dende o luns (prazo dende o 21 de novembro ao 13 de decembro).

Para o grao II de persoal forense e xestor, o prazo será de 15 días hábiles a partir do 2 de febreiro de 2023.

"O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es O acceso á OPAX poderá realizarse cunha das seguintes modalidades de identificación:

a) Se se dispón dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro), poderase acceder con este e a súa correspondente clave.

b) De non disporen dun certificado dixital recoñecido, as persoas solicitantes accederán á OPAX mediante o seu usuario e contrasinal. Para o caso de que o sistema non recoñeza o usuario como válido ou de que este non lembre o seu contrasinal, farase uso da opción habilitada na OPAX para estes efectos.

Unha vez realizada a identificación na OPAX, o/a solicitante deberá seleccionar a opción correspondente á «Traxectoria profesional». O sistema informático informará a persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos de acceso segundo os datos que figuran neste. No caso de que o sistema informe de que non se reúnen os requisitos de acceso, a persoa solicitante poderá acreditar que os cumpre, se é o caso, anexando a oportuna documentación acreditativa á propia solicitude.

A persoa solicitante, despois de comprobar que todos os datos son correctos, deberá asinar electronicamente e presentar a solicitude. Para poder asinar e presentar a solicitude, deberase dispor dun certificado dixital válido ou da tarxeta de identificación do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, regulada mediante a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 12 de setembro de 2011 (DOG núm. 182, do 22 de setembro). Así mesmo, e segundo o establecido no punto 4 do artigo 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX) admitiranse as credenciais de acceso dos usuarios, como sistema de sinatura para a realización dos trámites indicados, garantindo a acreditación da autenticidade da expresión da vontade e consentimento das persoas interesadas."

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR