As persoas interesadas, deberán presentar unha instancia axustada ao modelo que se xunta como Anexo II a esta resolución.
En tanto non se habiliten a presentación a través da OPAX, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, conforme o modelo que se inclúe como Anexo II. Para a remisión de dita solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia (
https://sede.xunta.gal) está dispoñible o modelo de solicitude xenérica co código PR004A, e para a súa presentación poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (
https://sede.xunta.gal/chave365).